04/11/2015
O próximo domingo 8 de novembro de 2015, a Xoiaría Muiños recibirá un dos premios Facendo Historia 2015 nas Xornadas-Reencontro coa historia de Marín que se celebrarán na biblioteca pública a partir das 12:00 hs.
Xoiaría Muiños cumple 100 anos de traxectoria na historia da localidade Pontevedresa contribuindo ó desenrolo socio-económico de Marín coa súa actividade empresarial.
A entidade organizadora conta co respaldo do Concello de Marín e da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, así como coa adhesión da Asociación de Consignatarios e Estibadores do Porto, Aempe, Corporación de Prácticos do Porto, Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, Asociación de Reloxaría, Xoiaría e Pratería de Pontevedra e de Estrela de Marín.