09/11/2015
Fotografías de Julio Santos Álvarez
O pasado domingo 8 de novembro, A Xoiría - Reloxaría Muíños, fundada en 1908, recibíu o premio Facendo Historia 2015 (Marín) de mans de Pablo García (vicepresidente de Coxga), pola súa traxectoria de traballo basada nun servizo de calidade e profesionalidade ó longo de tres xeracións.
Ademais, Antonio Muíños Sedano foi condecorado pola Asociación de Xoieiros de Pontevedra coa insignia de prata do gremio provincial.
Esta era a IV edición duns premios que foron creados no ano 2012 polo grupo cultural "Xornadas - Reencontro coa Historia de Marín" e o seu obxectivo é o recoñecemento de aquelas persoas, entidades, empresas ou colectivos que pola súa traxectoria ou talento no ámbito profesional, social, cultural, empresarial ou deportivo amplían e enriquecen o legado histórico marinense colaborando o desenrolo socio-económico de Marín.