01/12/2015
O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e a Federación de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros, coa Asociación de Xoieiros de Pontevedra como anfitriona, celebraron o pasado sábado 28 de novembro a súa Gala anual en honra ó seu patrón, San Eloi, en Baiona.
Esta cita, ademáis de conmemorar un día moi sinalado para o sector constitúe un punto de encontro que permite ós profesionais da xoiaría procedentes de toda a xeografía galega compartir un día entrañable e estreitar lazos de amizade.
A xornada comezou coa celebración dunha misa na Colexiata de Santa María, en Baiona, como é costume dos profesionais de Pontevedra. A continuación, os actos de celebración da Gala desenrolaranse no Restaurante Rocamar. No curso da mesma, procedeuse á entrega de premios da IV edición do concurso de desño San Eloi, á presentación da campaña de publicidade do Colexio para o Nadal 2.015 e tamén se rendeu unha cariñosa e especial homenaxe a diversos profesionais.
En primeiro lugar, fíxose a entrega dos diplomas e premios ós finalistas e gañadores do IV Concurso de Deseño San Eloi.
Entrega de diplomas ós finalistas:
Na foto (de esquerda a dereita): Sol María Vázquez Abeal (Directora Xeral de Comercio), Sonia Mª Vizcaíno Ínsua, Caridad León Diez, Rubén Diéguez González, Raúl Diniz, Noelia Infante Quiroga e Óscar Rodríguez (Presidente Coxga).
O Premio Óscar Rodríguez Joyeros (realización física do deseño e participación na produción da peza no taller Óscar Rodríguez Joyeros) foi para Rubén Diéguez González:
Na foto (de esquerda a dereita): Sol Mª Vázquez Abeal (Directora Xeral de Comercio), Rubén Diéguez González e Óscar Rodríguez (Óscar Rodríguez Joyeros e Presidente Coxga).
O Premio Akros Joyeros (dotado con 500 €) foi para Raúl Diniz:
Na foto (de esquerda a dereita): Beatriz Alcalde García (directora de Galicia Calidade), Raúl Diniz e Celso Santos Pereira Varela (Akros Joyeros)
O Premio Laboratorio Xemolóxico MLLOPIS (curso de Xemoloxía Básica online) foi para Noelia Infante Quiroga:
Na foto (de esquerda a dereita): Pablo García Regueira (Vicepresidente de Coxga), Noelia Infante Quiroga e María Eugenia Pérez Fernández (Subdirectora Xeral de Formación Profesional).
O Primeiro Premio Ardentia (realización física do deseño en formato de colección e participación durante a preprodución nas instalacións de Ardentia) foi para Caridad León Diez:
Na foto (de esquerda a dereita): Luis González (Ardentia e Vicepresidente Coxga), Caridad León Diez e Antonio Coello Bufill (Subdelegado do Goberno en Pontevedra).
O Segundo Premio Ardentia (beca de formación por un período de 15 días na empresa Ardentia coa que o gañador adquirirá coñecementos sobre os procesos de deseño e fabricación habituais da marca Ardentia: uso de novas tecnoloxías, deseño 3D e prototipado) foi para Rubén Diéguez González:
Na foto (de esquerda a dereita): Rubén Diéguez González e Miguel Estévez Lara (Coronel Xefe da Garda Civil).
O Premio Celtia Orfebres (realización física da colección ou xoia gañadora e participación durante a preprodución nas instalacións de Ardentia) foi para Sonia Maria Vizcaíno Ínsua.
Na foto (de esquerda a dereita): Luís González (Celtia Orfebres e Vicepresidente do Coxga), Sonia María Vizcaíno Ínsua e Manuel Bouzas Canosa (Comisario Provincial de Pontevedra)
Ademais, os gañadores dos premios Ardentia e Celtia Orfebres, recibiron como premio adicional o Premio Protocloud, consistente nun Curso de iniciación ó deseño 3D e prototipado rápido aplicado á xoiaría co software 3Design ou nun Curso de técnicas básicas do proceso de fundición de xoias á cera perdida, segundo a preferencia dos premiados.
Na foto (de esquerda a dereita): Ramón Conde (escultor), Sonia María Vizcaíno Ínsua, Rubén Diéguez González, Caridad León Diez e Elena Fabeiro (xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño).
A continuación, fíxose unha merecida homenaxe ós seguintes profesionais:
Dentro do apartado de colexiados, entregouse a Segueta de Prata por toda a súa vida dedicada á xoiaría a:
- Juan Fernández Rodríguez (Joyería Fernández - Sada - A Coruña). Fixeron a entrega da segueta, Sol María Vázquez Abeal, Directora Xeral de Comercio, e Óscar Rodríguez, presidente de Coxga.
Na foto (de esquerda a dereita): Sol Mª Vázquez Abeal (Directora Xeral de Comercio), Juan Fernández e Óscar Rodríguez (Presidente Coxga).
A Segueta de ouro entregouse este ano a Rafael Granados Guillén, profesional e home entregado á profesión da xoiaría. Foi Presidente do gremio de xoieiros de A Coruña, membro da Xunta Directiva da Federación Galega de Xoieiros e un dos fundadores do Colexio de Xoiaría de Galicia, formando parte da comisión de habilitación e primeira Xunta de Goberno. Fixeron a entrega da segueta, Sol María Vázquez Abeal, Directora Xeral de Comercio, e Óscar Rodríguez, presidente de Coxga.
Na foto (de esquerda a dereita): Sol Mª Vázquez Abeal (Directora Xeral de Comercio), Rafael Granados e Óscar Rodríguez (Presidente Coxga).
Dentro do apartado de non colexiados, distinguiuse coa medalla do Colexio de Xoiaría e rendeuse unha merecida homenaxe ó Corpo Nacional de Policía polo seu bo facer e a súa atención constante como garantes das vidas e patrimonios dos xoieiros. Recolleu a medalla, Manuel Bouzas Canosa, Comisario Provincial de Pontevedra.
Na foto (de esquerda a dereita): Antonio Coello Bufill (Subdelegado do Goberno en Pontevedra), Manuel Bouzas Canosa (Comisario Provincial da Provincia de Pontevedra) e Óscar Rodríguez (Presidente Coxga).
Pola súa parte, a Federación fixo entrega da insignia da Federación Galega a Antonio Pérez Casas, loitador incansable en defensa do pequeno comercio e en especial da xoiaría galega da cal a Xoiaría Alfonso é un referente. Fixeron entrega da insignia, Antonio Penín (Presidente da Asociación de Xoieiros de Pontevedra) e Óscar Rodríguez (Presidente de Coxga).
Na foto (de esquerda a dereita): Antonio Penín (Presidente da Asociación de Xoieiros de Pontevedra), Antonio Pérez e Óscar Rodríguez Blanco.
Antonio Pérez, en agradecemento á esta homenaxe, comparteu con toda a xoiaría galega un documental sobre Evangelino Taboada, un famoso reloxeiro que se encargaba do famoso reloxo do Instituto Santa Irene e que traballou para o astrónomo Ramón María Aller e tamén unhas fotografías da celebración do San Eloi polo gremio de Vigo no ano 1953, que cedeu ó Colexio.
Na foto (de esquerda a dereita): Antonio Penín (Presidente da Asociación de Xoieiros de Pontevedra), Antonio Pérez e Óscar Rodríguez (Presidente Coxga)
Os nosos anfitrións, os xoieiros da provincia de Pontevedra, tamén fixeron entrega das insignias de prata ós asociados que cumprían 25 anos de permanencia na Asociación de xoieiros de Pontevedra. Antonio Penín, presidente da Asociación foi o encargado de entregar as insignias que este ano recaeron en:
José Antonio Álvarez Aller (Joyería Anthony´s):
Na foto (de esquerda a dereita): Antonio Penín (presidente da Asociación de Xoieiros de Pontevedra) e Carlos Outeiral Collazo.
O acto estivo presidido por Antonio Penín e Óscar Rodríguez, presidentes do Gremio de Vigo e do Coxga, respectivamente, os cales agradeceron a asistencia ás autoridades presentes.