14/02/2016
Este ano, no Concurso de escaparates de San Valentín 2016: E a ti cal te namora?, a foto máis votada foi a do escaparate de Joyería - Relojería Núñez, de Rábade (Lugo).
Así, resultou gañador o noso colexiado José Rodríguez Novo (Joyería - Relojería Núñez) cunha cea para dúas persoas, na súa vila, que disfrutou o domingo 14 de febreiro. Tamén se sorteou unha cea para dúas persoas entre todos os votantes da foto do escaparate do noso colexiado, resultando gañadora Nerea Vila.
O restaurante de Rábade escollido por ambos gañadores foi o Restaurante Coto Real.
A continuación, as fotos que recibimos dos gañadores que nos contaron que o pasaron moi ben e que os trataron de marabilla neste restaurante!
Deixámosvos aquí a foto do escaparate gañador de Joyería - Relojería Núñez, en Rábade: