Gala da Xoiaría Galega 2016

Gala da Xoiaría Galega 2016

 

O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e a Federación Galega de Xoieiros celebran o vindeiro domingo 27 de novembro a súa Gala anual en honra ó seu patrón, San Eloi, no Pazo de Adrán (Teo).

Esta cita, ademáis de conmemorar un día moi sinalado para o sector constitúe un punto de encontro que permite ós profesionais da xoiaría procedentes de toda a xeografía galega compartir un día entrañable e estreitar lazos de amizade.

Os actos de celebración da Gala desenrolaranse no Pazo de Adrán (Teo). No curso da mesma, procederase á presentación da campaña de publicidade para o Nadal  2.016 e rendirase unha cariñosa e especial homenaxe a diversos profesionais.

Dentro do apartado de colexiados, entregaranse as Seguetas de prata por toda a súa vida dedicada á xoiaría a:

- D. José Ramón Barreiro Verea (Joyería  Barreiro - Noia - A Coruña)

- Dª. Rosa María Fariña Pérez (Joyería Rosant - Marín - Pontevedra)

- Dª Isabel Muñoz - Redondo Pérez (Joyería Isabel Muñoz-Redondo - A Estrada - Pontevedra)


A Segueta de ouro entregarase este ano a D. Senén Rodríguez Martínez, profesional e home entregado á profesión da xoiaría, en recoñecemento a toda unha vida dedicada a esta profesión e polas súas aportacións emprendidas en prol do sector ó longo da súa traxectoria profesional.

Dentro do apartado de non colexiados, distinguirase coa medalla do Colexio de Xoiaría e rendirase unha merecida homenaxe a Dª Sol María Vázquez Abeal, Directora Xeral de Comercio, polo seu decidido apoio e sensibilidade coa xoiaría de Galicia.

O acto presidido por D. Óscar Rodríguez Blanco (presidente Coxga) contará coa presencia, entre outras autoridades, da Directora Xeral de Comercio, a Xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, o Director da EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, o xerente de Galicia Calidade e a Subdirectora Xeral de Formación Profesional da Xunta de Galicia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com