Noroeste Obradoiro entre os finalistas ó Premio Artesanía de Galicia

Noroeste Obradoiro (Santiago de Compostela) está entre os tres finalistas ó Premio Artesanía de Galicia coa súa peza co lema Voluta Volutidae.

A Xunta anunciou onte ós finalistas deste Premio que ten por obxectivo recoñecer a obra que mellor representa á artesanía competitiva e que conxuga os valores tradicionais do sector coas novas tendencias. En concreto, a peza co lema Voluta Volutidae de Noroeste Obradoiro consegue propoñer unha relación de tensión entre os dous elementos conformadores da peza de prataría, ferramenta e contedor, que confire un auténtico sentido contemporáneo ó elemento.

O xerme de Noroeste Obradoiro é a Galería Noroeste, fundada polo xoieiro Antonio Ibáñez no ano 1994 en Santiago de Compostela. No ano 2011 Jose Castro, faise socia e codirectora de Galería Noroeste e comeza con Antonio Ibáñez unha nova aventura creando un espazo novo no se se unifica a Galería cos seus respectivos obradoiros artesanais sen ningún tipo de división física, unindo a creación, manufactura e venda das súas pezas en Noroeste Obradoiro no ano 2013.

No Coxga alégranos moito coñecer este tipo de noticias sobre os logros dos nosos colexiados e desexamos que, finalmente, a profesionalidade, esforzo, traballo e constancia de Noroeste Obradoiro teñan a merecida recompensa.

O acto de entrega de premios, no transcurso do cal se darán a coñecer os gañadores, terá lugar no mes de decembro. Moita sorte ós tres finalistas (Víctor Ares, Rosa Méndez e Noroeste Obradoiro), especialmente a Noroeste Obradoiro.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com