Os xoieiros galegos celebraron a súa Gala Anual

 

O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e a Federación de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros, celebraron o domingo 27 de novembro a súa Gala anual en honra ó seu patrón, San Eloi, en Teo (Pazo de Adrán). Ver álbum de fotos aquí.

Este encontro, no que se conmemora un día moi sinalado para o sector, constitúe unha oportunidade para o recoñecemento público de profesionais e personalidades a través da entrega das Seguetas de Prata e Ouro e da Medalla do Colexio.

Este ano as Seguetas de Prata por toda unha vida entregada á xoiaría concedéronse a:

- D. José Ramón Barreiro Verea (Joyería  Barreiro - Noia - A Coruña). Fixeron a entrega da segueta, María Eugenia Fernández, Subdirectora Xeral de Formación Profesional, e Óscar Rodríguez, presidente de Coxga e a Federación.

 

 Na foto (de esquerda a dereita): María Eugenia Fernández (Subdirectora Xeral de Formación Profesional), José Ramón Barreiro e Óscar Rodríguez (Presidente Coxga e Federación).

 - Dª. Rosa María Fariña Pérez (Joyería Rosant - Marín - Pontevedra). Fixeron a entrega da segueta, Alfonso Cabaleiro, xerente de Galicia Calidade, e Óscar Rodríguez, presidente de Coxga e Federación.

Na foto (de esquerda a dereita): Alfonso Cabaleiro (Xerente Galicia Calidade), Rosa María Fariña e Óscar Rodríguez (Presidente Coxga e Federación).

- Dª Isabel Muñoz - Redondo Pérez (Joyería Isabel Muñoz-Redondo - A Estrada - Pontevedra). Isabel non pudo asistir á Gala. No seu lugar, recolleu o premio Cristina Sánchez, filla de Isabel. Fixeron a entrega da segueta, Elena Fabeiro, Xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e Óscar Rodríguez, presidente de Coxga e Federación.

Na foto (de esquerda a dereita): Elena Fabeiro (Xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño), Cristina Sánchez e Óscar Rodríguez (Presidente Coxga e Federación).

A Segueta de Ouro pola súa traxectoria profesional e polas moitas horas de traballo como membro da Xunta de Goberno do Colexio e da Federación, así como por ser un dos fundadores do Colexio Oficial de Xoiaría e polo seu traballo na Comisión de Habilitación do mesmo, entregouse a D. Senén Rodríguez Martínez (Joyería Senén - Lugo). Fixeron a entrega da segueta, Sol María Vázquez, Directora Xeral de Comerio, e Óscar Rodríguez, presidente de Coxga e Federación.

Na foto (de esquerda a dereita): Sol María Vázquez (Directora Xeral de Comercio), Senén Rodríguez e Óscar Rodríguez (Presidente Coxga).

Dentro do apartado de non colexiados, distinguiuse coa medalla do Colexio de Xoiaría e rendeuse unha merecida homenaxe a Dª Sol María Vázquez, Directora Xeral de Comerciopolo seu decidido apoio e sensibilidade coa xoiaría de Galicia. Fixeron a entrega da medalla, Óscar Rodríguez, presidente de Coxga e a Federación, e Pablo García (Vicepresidente Coxga).

Na foto (de esquerda a dereita): Óscar Rodríguez (Presidente Coxga), Sol María Vázquez (Directora Xeral de Comercio), e Pablo García (Vicepresidente Coxga).

Na seguinte foto podemos ver ós cinco homenaxeados:

Na foto (de esquerda a dereita): Cristina Sánchez (Taller de Reloxaría e Xoiaría Isabel Muñoz Redondo - A Estrada), Sol María Vázquez (Directora Xeral de Comercio), Rosa María Fariña (Joyería Rosant - Marín), Senén Rodríguez (Joyería Senén - Lugo) e José Ramón Barreiro (Joyería Barreiro - Noia).

No transcurso da gala presentouse a Campaña de Nadal para o ano 2016 que co lema "Regala Xoiaría" estará presente en radio, autobuses urbanos e na TVG.

O acto presidido por D. Óscar Rodríguez Blanco (presidente Coxga) contou coa presencia, entre outras autoridades, da Directora Xeral de Comercio, a Xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, o Director da EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, o xerente de Galicia Calidade e a Subdirectora Xeral de Formación Profesional da Xunta de Galicia.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com