Visitamos a exposición Tesouros do Mar e da Terra

 

 A semana pasada sentimos unha profunda admiración ó visitar a exposición Tesouros do Mar e da Terra do xoieiro artesán Óscar Rodríguez (Viveiro), na capela de Santa María (Ronda da Muralla – Lugo).

 

 

Vídeo da exposición aquí.

Vídeo da inauguración da expsosición o 29-11-2016 aquí.

 

 

A mostra reúne cincuenta espectaculares pezas de xoiaría que xa foron obxecto de exposicións en numerosas ocasións, tanto dentro das fronteiras de España como fora, onde conseguíu un importante recoñecemento internacional e conta con exposicións permanentes das súas pezas no Soho de Nova York ou na Costa Oeste de Estados Unidos.

 

A estancia na cidade de Lugo (Capela de Santa María – Ronda da Muralla) concluirá o 28 de decembro, para continuar a súa xira por EEUU a partir do mes de xaneiro.

 

As cincuenta pezas que compoñen a mostra, cun deseño ligado á natureza e realizadas con cunchas mariñas, minerais, ouro e pedras preciosas, transmiten ó visitante a beleza, encanto e dinamismo da terra e do mar.

 

O achegamento de Óscar Rodríguez á arte é consecuencia dunha extraordinaria combinación de creatividade, calidade, un coidado exquisito dos detalles e un gran esmero na elaboración.

 

Estas cualidades xa lle reportaron ó xoieiro viveirense diversos recoñecementos e galardóns entre os que destacan o premio AN Gem Awards, do cal foi gañador en varias edicións, e tamén ser finalista do Premio Nacional de Artesanía, na categoría de mellor produto, no ano 2010.

 

Con ocasión da exposición editouse un catálogo no que se mostran as fotos de todas as pezas expostas, acompañadas dunha pequena reseña realizada por destacadas personalidades do mundo da arte, da cultura ou do deporte. Entre outros, colaboraron na elaboración do catálogo, profesionais da xoiaría, escritores, actrices como Diana Nogueira ou María Castro e importantes figuras do deporte como os irmáns Espargarot ou Almudena Cid, todos eles amigos da firma Óscar Rodríguez Joyeros.

 

Animámosvos a disfrutar desta gran exposición na que poderedes contemplar xoias que son auténticas obras de arte ou obras de arte que son auténticas xoias.

Poderedes visitar a exposición ata o 28-12-2016, na Capela de Santa María (Ronda da Muralla - Lugo).

Horario: Luns a venres de 10h30 a 14h e 17h a 20h

Sábados, domingos e festivos de 11h a 14h e 16h30 a 20h

 

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com