Katuxa Platero celebra o seu décimo aniversario

O pasado mércores 14 de decembro tivemos o pracer de asistir ó décimo aniversario da firma Katuxa Platero, unha celebración na que a xove deseñadora estivo acompañada por amigos e clientes e onde non faltou emotividade e moita ilusión.


No corazón de Compostela, no casco histórico, atópase o taller de creación Katuxa Platero, onde prata, ouro, pedras semipreciosas, perlas naturais, esmaltes e deseños de impacto enchen de vida e creatividade o seu escaparate.


Foi en Oporto donde descubreu o mundo das xemas, inspiradoras do desenrolo de todas as súas pezas, aportándolle cor, beleza e “alma”. Dende entón, leva dez anos desenvolvendo o seu proxecto de Xoiaría de Autor, cunha visión da xoiaría dende o arte e a moda, centrada na creación de edicións limitadas e pezas únicas.

 

Coincidindo con este aniversario tan especial, Katuxa Platero estrenou páxina web (www.katuxaplatero.com) cunha imaxe renovada, moito máis visual e cun deseño no que cada xoia adquire un protagonismo especial.

A nova web incorpora tenda online e toda a información sobre as distintas coleccións.


Ademais, este ano, Katuxa tamén celebra que estivo por primeira vez nunha feira internacional (Bijorhca – París), onde foi catalogada polos principais bloggers franceses como referencia creativa do ano en materia de deseño.


Katuxa Platero, unha filosofía de estilo, centrada no deseño, o asesoramento e o trato personalizado, que aspira a celebrar cos seus clientes, moitos aniversarios máis.



Desexámoslle a Katuxa que todo o seu traballo, esforzo e profesionalidade teñan a súa merecida recompensa e siga brillando no mundo da xoiaría moitos anos máis.

 

 

 

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com