Os Premios Artesanía de Galicia 2016 distinguen a Noroeste Obradoiro e ó ourive Julio Lado

Noroeste Obradoiro (Santiago de Compostela), gañador do Premio Artesanía de Galicia 2016, coa peza que leva por lema Voluta Volutidade, coa que consegue propoñer unha relación de tensión entre os dous elementos conformadores da peza de prataría, ferramenta e contedor, que confire un auténtico sentido contemporáneo ó elemento.

Este Premio, dotado con 6.000 euros, recoñece a obra que mellor representa á artesanía competitiva e que conxuga os valores tradicionais do sector coas novas tendencias.

O xerme de Noroeste Obradoiro é a Galería Noroeste, fundada polo xoieiro Antonio Ibáñez no ano 1994 en Santiago de Compostela. No ano 2011 Jose Castro, faise socia e codirectora de Galería Noroeste e comeza con Antonio Ibáñez unha nova aventura creando un espazo novo no se se unifica a Galería cos seus respectivos obradoiros artesanais sen ningún tipo de división física, unindo a creación, manufactura e venda das súas pezas en Noroeste Obradoiro no ano 2013.

O Premio Traxectoria recaeu no ourive compostelán Julio Lado e co mesmo faise un recoñecemento honorífico ó conxunto da súa traxectoria, na que se valora tanto a súa obra como o seu compromiso coa divulgación e transmisión do oficio e dos valores positivos da artesanía.

No Coxga alégranos moito coñecer este tipo de novas sobre os logros dos nosos colexiados que, con estes premios, reciben unha merecida recompensa á profesionalidade, esforzo, traballo e constancia de Noroeste Obradoiro.

Os nosos parabéns ós finalistas e gañadores.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com