Katuxa Platero gañadora do concurso MadridJoya Designers 2017

 

A xove deseñadora Katuxa Platero, de Santiago de Compostela, é a gañadora do concurso MadridJoya Designers 2017, coa súa colección “En el jardín”, inspirada en flores, froitos, insectos e cor. Cunha visión dende o arte e a moda, esta colección representa o proxecto de Xoiaría de Autor que desenrola Katuxa, que tamén foi recoñecido na edición de setembro da feira internacional Bijorhca (París), onde foi catalogada polos principais bloggers franceses como referencia creativa do ano en materia de deseño.

 

O xurado composto por profesionais do sector de MadridJoya seleccionou, atendendo ó deseño e á novidade das propostas, ás dúas gañadoras que terán a oportunidade de expoñer as súas pezas de forma gratuíta nun stand compartido no espazo Minis de MadridJoya na vindeira celebración do Salón que terá lugar do 1 ó 5 de febreiro.

 

 

Este Certame, organizado por Ifema, ofrece a xoves deseñadores de xoias e empresas unha plataforma de promoción e a oportunidade de dar a coñecer as súas creacións e deseños en xoiaría para a próxima tempada.

 

 

 

Alegrámonos moito de que o traballo, esforzo e profesionalidade de Katuxa teñan a súa merecida recompensa. Os nosos parabéns Katuxa!

  

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com