Entrega vale 1001 euros da campaña "Regala Xoiaría"

A Federación Galega de Xoiaría e o COXGA entregamos esta mañá un dos cinco vales de 1.001 euros que se sorteou entre os clientes dos establecementos colaboradores de toda Galicia e que recaeu no número 04.092, repartido en Martínez Pardo Relojería (Ferrol).

 

 

O agraciado, Francisco Prados, recolleu o seu premio neste mesmo establecemento de mans de Beatriz María Martínez Bermúdez, propietaria de Martínez Pardo Relojería, e Luís González, vicepresidente do Coxga, e poderá utilizar o vale para facer compras en calquera das xoiarías colaboradoras da campaña de Nadal.

 

 

Beatriz María Martínez é a representante, xunto co seu irmán Rafael Martínez, da cuarta xeración desta saga familiar que arrancou a súa andaduda en Ferrol no ano 1898. Na foto que aparece a continuación podemos ver na columna do fondo as fotos da primeira e segunda xeración desta centenaria reloxaría ferrolana.

 

Os nosos parabéns ó gañador e a Martínez Pardo - Relojería!

 

    

 

 

Na foto, de esquerda a dereita: Juan Martínez, terceira xeración de Martínez Pardo Relojería, Beatriz Mª Martínez, cuarta xeración de Martínez Pardo Relojería, Francisco Prados, o gañador do vale, Luís González, vicepresidente do Coxga e Rafael Martínez, cuarta xeración de Martínez Pardo Relojería.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Colexio Oficial de Xoiaría

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com