09/03/2017
A Federación Galega de Xoiaría e o COXGA entregamos onte outro dos cinco vales de 1.001 euros que se sorteou entre os clientes dos establecementos colaboradores de toda Galicia e que recaeu no número 03.837, repartido en Joyería Jar (Ferrol).
O agraciado, Manuel Vicente Hermida, recolleu o seu premio neste mesmo establecemento de mans de Julia María Fernández, propietaria de Joyería Jar, e Fernando García, en representación do Coxga, e poderá utilizar o vale para facer compras en calquera das xoiarías colaboradoras da campaña de Nadal.