01/02/2019
A Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros (en adiante, Federación Galega), con CIF G-15086366 e sede na rúa Laverde Ruiz nº 6, baixo dta. - 15702 Santiago de Compostela, e o Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia (en adiante Coxga), con CIF: Q-1500321C e sede na rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB - 15701 Santiago de Compostela, convocan a VIII edición do concurso de escaparates San Valentín.
O concurso de escaparates de San Valentín é unha iniciativa da Federación Galega e o Coxga para potenciar e dar maior visibilidade nas redes sociais ó sector da xoiaría na época de San Valentín, apoiando especialmente ós establecementos abertos ó publico que dispoñen de escaparate. Con esta nova edición do concurso, a Federación Galega e o Coxga animan ós establecementos a facer máis atractivos os seus escaparates de San Valentín axudando con isto a dinamizar o comercio de xoiaría, e, recompensa o seu esforzo con premios non só para os fans dos establecementos senón tamén para o colexiado titular do establecemento gañador.
Esta acción rexerase polo disposto nas presentes bases:
Bases:
1.- Participantes
O concurso está aberto a todas as persoas maiores de idade.
2.- Mecánica do concurso e Premios
Para participar debes:
1) Entrar na páxina de Facebook do Colexio Oficial de Xoiaría
2) Acceder ó álbum de fotos de escaparates de San Valentín 2019
3) Votar o teu escaparate favorito, premendo “Gústame” ata o martes 12 de febreiro.
4) O mércores 13 de febreiro resultará gañador o escaparate que teña máis votos.
En caso de empate, a foto que teña máis comentarios será a gañadora
5) Premios:
1.- Premios para os votantes dos escaparates:
- sortearase entre todos os votantes do escaparate gañador unha cea para dúas persoas o xoves 14 de febreiro na cidade onde está localizada a tenda da foto gañadora.
2.- Premio para o colexiado titular do escaparate gañador:
Unha cea para dúas persoas o xoves 14 de febreiro, na cidade onde está localizada a tenda.
A aceptación dos premios polos gañadores supón a autorización para a Federación Galega e Coxga de utilizar os seus nomes e as súas imaxes con fins publicitarios de resultado do concurso. Ditos datos poderán ser igualmente utilizados con fins publicitarios mediante a publicación dos gañadores en diferentes medios de comunicación, en www.fgxoieiros.es e www.coxga.es e noutros soportes con similares fins. O interesado poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por correo postal á Federación Galega de Xoieiros, na rúa Laverde Ruis nº 6 baixo dta – 15.702 Santiago de Compostela ou ó Coxga, rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB – 15701 Santiago de Compostela (A Coruña) a través dun escrito asinado ó efecto e remitindo unha copia do DNI.
3.- Aceptación bases e notas aclaratorias
â–ª Os participantes aceptan expresamente cumprir todas e cada unha das bases deste concurso. O seu incumprimento dará lugar á exclusión do certame.
â–ª A Federación Galega e o Colexio Oficial de Xoiaría resérvanse a interpretación das presentes bases, prevalecendo o seu criterio en caso de discrepancia.