Profesionais da xoiaría asisten a un curso sobre Diamante Sintético, Tratado e Imitacións no Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia

Un grupo de oito profesionais do sector da xoiaría asistiron o sábado 26 de outubro ó curso sobre Diamante Sintético, Tratado e Imitacións co obxectivo de actualizar a súa formación para afrontar a chegada dos diamantes sintéticos e tratados que xa está no mercado.

O curso, organizado polo Colexio Profesional de Xoiaría de Galicia, foi impartido por José Manuel Rubio, do Laboratorio Xemolóxico MLLOPIS, que trasladou á sede do Coxga, todo o equipamento de laboratorio necesario, como lámpadas de luz de día, microscopios estereoscopios, reflectómetro, conductímetro, D-screen ou refractómetro, entre outros, ademáis dunha colección de 50 pedras de diamantes sintéticos, tratados e imitacións.

Foi un curso intensivo de oito horas de duración, dividido en tres bloques (diamantes sintéticos, diamantes naturales tratados e imitacións de diamantes) no que se abordaron os diversos métodos de síntese, comezando por unha breve descripción teórica que deu paso á realización das prácticas.

Os profesionais participantes saíron capacitados para identificar diamantes sintéticos e tratados, así como as imitacións modernas do diamante máis relevantes.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com