Óscar Rodríguez Joyeros entrega un premio da campaña Este Nadal, Xoiaría

O establecemento Óscar Rodríguez Joyeros, ubicado na Avenida Cervantes, 5-7, en Viveiro, foi esta mañá o escenario da entrega dun dos premios da Campaña “Este Nadal, Xoiaría”. Trátase dunha das seis xoias que se sortearon entre os boletos repartidos polos establecementos colaboradores de toda Galicia e entre os participantes online e que recaeu no número 7.621.

O agraciado, Jesús González Romeo, recolleu o seu premio, un precioso anel, de mans de Cristina Rodríguez, deseñadora da firma Óscar Rodríguez Joyeros.

Recordamos que a campaña de Nadal “Este Nadal, Xoiaría”, posta en marcha pola Federación Galega de Xoieiros, en colaboración co Coxga, co obxectivo  de incrementar o protagonismo do regalo de xoiaría durante o pasado Nadal, incluía como broche final o sorteo de seis xoias.      

                                                     

                                              

        Cola colaboración da:                                                           

← volver

Calendario de eventos:

« Outubro 2020 »
L M Me X V S D
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com