Ardentia entrega un premio da campaña Este Nadal, Xoiaría

Ardentia entrega un dos premios da Campaña “Este Nadal, Xoiaría”, organizada pola Federación Galega de Xoieiros, en colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia

O establecemento Ardentia, ubicado na rúa Policarpo Sanz, 22, en Vigo, foi o escenario hoxe ás 18 horas da entrega dun dos premios da Campaña “Este Nadal, Xoiaría”. Trátase dunha das seis xoias que se sortearon entre os boletos repartidos polos establecementos colaboradores de toda Galicia e entre os participantes online e que recaeu no número 21.510.

A agraciada, Alejandra Villar Martínez, recolleu o seu premio, un fermoso conxunto de colgante e pendentes, de mans de de Sole Gándara, da empresa Ardentia, en Vigo.

 

Recordamos que a campaña de Nadal “Este Nadal, Xoiaría”, posta en marcha pola Federación Galega de Xoieiros, en colaboración co Coxga, co obxectivo  de incrementar o protagonismo do regalo de xoiaría durante o pasado Nadal, incluía como broche final o sorteo de seis xoias.

 

← volver

Calendario de eventos:

« Outubro 2020 »
L M Me X V S D
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com