Joyería Prada entrega outro dos premios da campaña Este Nadal, Xoiaría

O establecemento ourensano Joyería Prada, ubicado na rúa Dr. Fleming – Ervedelo, 7, entregou outro dos premios da Campaña “Este Nadal, Xoiaría”. Nesta ocasión, o premio, uns fermosos pendentes de prata, bañados en ouro, con circonitas de cor, recaeu no número 9.603.

O portador do número agraciado, Miguel Freire, recolleu o seu premio de mans de María Ángeles González  e Manolo Prada, xerentes de Joyería Prada.

Recordamos que a campaña de Nadal “Este Nadal, Xoiaría”, posta en marcha pola Federación Galega de Xoieiros, en colaboración co Coxga, co obxectivo  de incrementar o protagonismo do regalo de xoiaría durante o pasado Nadal, incluía como broche final o sorteo de seis xoias.

← volver

Calendario de eventos:

« Outubro 2020 »
L M Me X V S D
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com