Aprazada a data límite para a presentación dos deseños

Ante a evolución actual do coronavirus e as medidas adoptadas en consecuencia polas Administracións, a Federación Galega De Xoieiros e o Colexio Profesional de Xoiaría de Galicia (Coxga), deciden aprazar a data límite fixada nas bases do XI Certame "Deseña unha xoia para a túa nai" para a presentación dos deseños. E, do mesmo xeito, acordan aprazar a data establecida nas bases para a realización do acto de entrega de premios.

Cando a situación relativa a esta crise sanitaria se normalice, fixaranse novas datas.

Na oficina do Colexio quedamos a vosa enteira disposición para calquera aclaración por correo-e (info@coxga.es) ou teléfono (981 598 858).

Desexamos que a situación mellore pronto para retomar o concurso, desbordante sempre de ilusión, cor, fantasía, paixón, deseño, creatividade e moito talento.

Pero mentres:

As bases completas do concurso poden consultarse premendo aquí.

Os dípticos de participación tamén poden descargarse premendo aquí.

Os deseños finalistas do ano pasado poden consultarse todos premendo aquí.
Os deseños gañadores e as xoias realizadas do ano pasado poden consultarse premendo aquí.

Pinchando aquí pódese ver un vídeo de todo o proceso do Certame.

← volver

Calendario de eventos:

« Agosto 2020 »
L M Me X V S D
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com