Medidas económicas e sociais crise COVID- 19 - Resumo

O pasado 18 de marzo publicouse no BOE o Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ó impacto económico e social do COVID-19.

Consultar Real Decreto-lei aquí.

O Real Decreto ten unha vixencia inicial dun mes e, para que os colexiados coñezades as principais medidas aprobadas, facemos un pequeno resumo a continuación:


Medidas que afectan a particulares en xeral:

 

1.- Garantía de suministro de auga e enerxía, a consumidores vulnerables e en situación de exclusión social

2.- Prórroga do bono social ata o 15 de setembro de 2020

3.- Moratoria da deuda hipotecaria para adquisición de vivenda habitual

 

Medidas que afectan a empresarios, traballadores, autónomos en xeral e comercios en particular:

 

1.- Axilización e flexibilización dos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE).

As empresas que realicen un ERTE poderán acceder a unha exoneración das cotas á Seguridade Social, que corresponderían polos traballadores afectados por ditos expedientes. Aplicarase tanto ós traballadores con suspensión do contrato como ós que vexan reducida a súa xornada polo ERTE.

Esta exoneración non terá impacto sobre os traballadores, pois ese período constará como cotizado. Os traballadores poderán cobrar automáticamente a prestación por desemprego, independentemente do que cotizaran (aínda que carezan do período de ocupación cotizada mínimo) e sen que este tempo compute a efectos de consumir o período máximo establecido para a percepción da prestación por desemprego.

 

2.- Prestación extraordinaria para traballadores por conta propia, naqueles casos nos que a súa actividade quedara suspendida pola declaración do estado de alarma ou cuxa facturación no mes anterior ó que solicita a prestación se vira reducida, polo meno, nun 75 % en relación co promedio de facturación do semestre anterior.

Esta prestación terá unha cuantía do 70% da base reguladora, aínda que non se cumplira o período mínimo para acceder á prestación por cese de actividade.

A duración desta prestación extraordinaria será dun mes, podéndose ampliar ata o último día do mes no que finalice o estado de alarma, no suposto de que éste se prorrogue.

O tempo da súa percepción entenderase como cotinzado e non reducirá os períodos de prestación por cese de actividade ós que o beneficiario poida ter dereito no futuro.

Tamén poderán solicitar estar prestación os profesionais autónomos con traballadores ó seu cargo. Neste caso poderán tramitar un ERTE para os traballadores e, ó mesmo tempo, acceder a esta prestación extraordinaria.

En calquera caso, as medidas extraordinarias dispostas no Real Decreto no ámbito laboral, estarán suxeitas ó compromiso da empresa de manter o emprego durante o prazo de 6 meses dende a data de reanudación da actividade.

3.- Carácter preferente do teletraballo. As empresas adoptarán as medidas oportunas para garantilo sempre que sexa posible.

4.- Dereito á adaptación do horario e reducciónda xornada, cando os traballadores por conta allea acrediten deberes de coidado do cónxuxe, parella de feito ou familiares consanguíneos ata segundo grado.

5.- Interrupción dos prazos para devolución de produtos, tanto comprados en establecemento físico como online, mentres dure o estado de alarma.

6.- A suspensión dos términos e a interrupción dos prazos administrativos non será de aplicación ós procedementos administrativos en ámbitos de afiliación, liquidación e cotización á seguridade social

7.- A suspensión dos términos e a interrupción dos prazos administrativos non será de aplicación ós prazos tributarios suxeitos a normativa especial, e en especial, ós prazos para a presentación de declaracións e autoliquidacións tributarias.

8.- Aprobación dunha liña para cobertura polo Estado da financiación outorgada por entidades financeiras a empresas e autónomos.

9.- Aprazamentos en ámbito tributario: Os prazos de deuda tributaria, os vencementos de prazos e fraccións de acordos de aprazamento e fraccionamento concedidos, os prazos relacionados co desenrolo de subastas e adxudicación de bens, os prazos para atender requerimentos, dilixencias de embargo e solicitudes de información, para formular alegacións ante actos de apertura de expedientes ou de trámites de audiencia dictados en procedementos de aplicación de tributos, sancionadores ou declaración de nulidade, devolución de ingresos indebidos, rectificación de errores materiais e de revocación, non concluídos á entrada en vigor do Real Decreto, ampliaranse ata o 30 de abril de 2020.

10.- Prórroga da vixencia do DNI.Queda prorrogada por un ano, ata o 13 de marzo de 2021, a validez do DNI das persoas maiores de idade titulares dun documento que caduque dende a data de entrada en vigor o Decreto de 14 de marzo polo que se declarou o estado alarma. A prórroga da validez do DNI permitirá que poidan renovarse, conforme ó procedemento actual, os certificados recoñecidos incorporados ó mesmo por igual período.

 

 

 

← volver

Calendario de eventos:

« Agosto 2020 »
L M Me X V S D
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com