O Coxga lanza un novo servizo para a comunicación cos colexiados mediante WhatsApp

O Coxga inicia un novo servizo de comunicación a través de WhatsApp co obxectivo de que os colexiados que o desexen poidan coñecer ó instante, dende o teléfono móbil, todos os asuntos relevantes para o sector (convocatorias de axudas, alertas, cursos de formación, campañas, etc.).

Como funciona?

Crearemos unha lista de difusión de WhatsApp, para que os colexiados que o desexen poidan recibir, de forma individual,as mensaxes do Coxga e, se queren, poderán contestar, pero de maneira privada, xa que non é un grupo de WhatsApp, e, polo tanto  non existe a posibilidade de comunicarse entre o resto de membros da lista

Os colexiados que desexen apuntarse a este novo servizo, só teñen que facer o seguinte:

1. Gardar o teléfono do Colexio na axenda de contactos: 981 598 858 (importante! se non se garda,  non se recibirán as mensaxes)

2. Enviar un whatsapp ó contacto do Colexio (981 598 858) dende o teléfono no que queiran recibir as mensaxes, indicándonos nome e apelidos para  na lista de difusión

Esta nova canle de información súmase ás xa existentes (correos-e, redes sociais, web, etc.) co obxectivo de ofrece un mellor servizo, máis inmediato e adaptado ás novas tecnoloxías.

Para máis info, contactar coa oficina do Coxga por correo-e (info@coxga.es) ou teléfono (981 598 858)

← volver

Calendario de eventos:

« Novembro 2020 »
L M Me X V S D
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com