01/10/2022
Coxga e Antea Prevención, empresa especialista en prevención de riscos laborais, asinan un convenio de colaboración mediante o cal os colexiados terán acceso a unhas condicións especiais na prestación técnica do servizo de prevención a prezos competitivos.
Antea non só ofrecerá as solucións necesarias ás empresas que non dispoñan do servizo, senón tamén unha proposta de estudo e mellora das condicións actuáis ás empresas que teñan vixente o seu Plan de Prevención de Riscos Laborais.
Antea Prevención conta con máis de 100 delegacións en toda España e máis de 20 anos de experiencia.
O Convenio foi asinado polo presidente do Coxga, Óscar Rodríguez, e o representante de Antea Prevención, Carlos T. Gómez - Taboada.