Grao universitario de xoiaría a partir do vindeiro curso en Galicia

O Consello da Xunta aproba hoxe un novo Decreto para regular o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, dando así resposta a unha reivindicación histórica do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e das asociacións do sector.

O Decreto creará dous novos itinerarios na especialidade de Produto: o Xeral e o de Xoiaría e Complementos.

Actualmente os estudos de Xoiaría son un ciclo formativo de grao superior que conducen á obtención do título de Técnico Superior de Xoiaría (FP). Coa implantación, a partir do vindeiro curso 2023/2024, do Título Superior de Deseño de Produto. Itinerario de Xoiaría, pasará a ser un Título Superior equivalente a todos os efectos a un grao universitario.

A titulación impartirase na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, de Santiago de Compostela. Porase en marcha o vindeiro mes de setembro e irase implantando gradualmente ata o curso 2026/2027, cando se imparta, por última vez, o cuarto curso consonte o anterior plan de estudos.

Con esta titulación, a Consellería de Educación vén a dar resposta a unha demanda que o sector considera fundamental para dignificar a profesión e recuperar o prestixio e imaxe dos profesionais.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com