Ponteareas acolle o vindeiro venres 28 de abril o acto de entrega de premios do XIII certame Deseña unha xoia para a túa nai

Debuxos de escolares galegos convertidos en xoias para celebrar o Día da Nai

  • 80 deseños finalistas e 12 premiados convertidos en xoias na XIII edición do certame “Deseña unha xoia para a túa nai”
  • Os obradoiros que traballan estes días na elaboración das xoias gañadoras son Félix Munín, Fink Orfebres, Isabel Suárez ( de Santiago),  Ardentia e  Unión Joyera de Bergondo ( de Bergondo) , Rosende Joyeros (de Ferrol); Joyería Fernández (de Sada); Taller Fariña Xoias (de Marín),  Óscar Rodríguez, (de Viveiro) a alumna Ana García Fernández da EASD Mestre Mateo, de Santiago de Compostela.
  • A entrega de premios terá lugar o venres 28 de abril ás 17h30 no Auditorio Reveriano Soutullo, de Ponteareas. Ao acto asistirán diversas autoridades, e membros da Xunta de Goberno do Colexio de Xoiaria que arrouparán aos 80 finalistas e ás súas familias.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2023 O Certame “Deseña unha xoia para a túa nai”, que organiza O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga), coa colaboración da Xunta de Galicia, entra na súa recta final.

Os escolares participantes na XIII edición, diferenciados en categorías por idades, de 0 a 4 anos, de 5 a 7, de 8 a 10 anos e de 11 a 12 anos, debuxaron a xoia que quererían regalar á súa nai. Entre os miles de traballos presentados, o xurado seleccionou os 80 finalistas.

Deste grupo de finalistas sairán os 12 gañadores que teñen como premio a execución dos seus deseños a cargo de xoieiros profesionais. Pero a sorpresa ten que agardar ata a tarde do venres 28 de abril que será cando teña lugar a gala de entrega de premios, á que están convocados os 80 finalistas e as súas familias. E será no trascurso dese acto cando se desvele a identidade da ducia de menos e nenas premiados, que personalmente recibirán e farán entrega ás súas nais das pezas creadas por eles mesmos.

Para participar no certame, os escolares deseñaron pulseiras, colgantes ou pendentes, de xeito que os pequenos artistas poderán ver unha aplicación práctica da súa creatividade, a través desta iniciativa que serve de apoio á súa formación escolar e persoal.

O obxectivo do Coxga con este concurso que este ano chega á súa XIII edición, é animar a escolares de toda Galicia a introducirse no mundo do deseño de xoias e achegarse a unha profesión de gran arraigo nesta comunidade, que combina tradición e innovación.

Gala de entrega de premios

O fallo do xurado e a entrega de premios ás novas promesas da creación en xoiaría terá lugar no  Auditorio Reveriano Soutullo, en Ponteareas, o venres 28 de abril ás 17h30 nunha gala á que asistirán os finalistas acompañados das súas familias.

Será no trascurso desta gala cando se desvele a identidade dos 12 escolares premiados, que personalmente farán entrega ás súas nais das pezas creadas por eles mesmos. Xoieros de toda Galicia traballan estes días para realizar os deseños gañadores que os escolares entregarán ese día ás súas nais.

Finalizará o acto cunha homenaxe á falecida Dona Pilar Domingo García, quen foi directora e mestra do Colexio Plurilingüe Santiago Apostol de Ponteareas, por fomentar e contribuir a participación do alumnado nun certame que ademais de estimular a creación artística dos máis pequenos, supón para o sector da xoiaría estreitar lazos coa comunidade educativa, axudando a difundir o oficio no ámbito escolar, onde nacen as primeiras ilusións pola ocupación futura.

Preme aquí para ver os deseños finalistas

 

                                                                                  

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com