Axudas do Programa de modernizacion do comercio: Fondo Tecnolóxico

Publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das axudas do Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, que teñen por obxecto o financiamento de proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable, dirixidos a impulsar o emprego das novas tecnoloxías no sector comercial (procedemento CO300G).

Dúas liñas de axuda. Facemos referencia só á liña destinada a autónomos e pemes comerciais.

Podes consultar o texto completo da Orde premendo aquí.

Prazo de presentación de solicitudes: 31/05/2023 a 30/06/2023

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

A xestión destas subvencións realizarase polo procedemento de concorrencia non competitiva; é dicir, concederanse as axudas, por orde de entrada, ata o esgotamento do crédito.

RESUMO:

Beneficiarios:

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que o establecemento comercial para o cal se solicita a axuda teña carácter físico e permanente e estea situado na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña ou comerciantes ao retallo fóra dun establecemento comercial permanente, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia. As páxinas web deberán cumprir os requisitos que figuran no anexo XIII da Orde.

b) Que sexa PEME (inclúe autónomos)

c) Actividade do negocio incluída nos códigos 46 ou 47 do CNAE (incluído o comercio polo miudo e comercio por xunto de xoiaría e reloxaría)

Período de actuacións subvencionables:

Serán subvencionables as actuacións realizadas e pagadas entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 29 setembro de 2023.

Investimentos máximos subvencionables e contía das axudas:

Investimentos máximos subvencionables:

Persoas autónomas e pemes de 0 a 10 persoas traballadoras 50.000,00 €

Persoas autónomas e pemes de 11 a 50 persoas traballadoras 100.000,00 €

Persoas autónomas e pemes de 51 a 250 persoas traballadoras 200.000,00 €

A porcentaxe de subvención será do 90% dos investimentos subvencionables.

Investimento mínimo subvencionable:

O investimento mínimo que se debe realizar para que o proxecto se considere subvencionable ascende a 2.000 € (IVE excluído)

Actuacións subvencionables:

1.- Programa smart retail dirixido á transformación dixital do punto de venda e modelo de negocio, a través das seguintes actuacións:

 a) Software de xestión de experiencia da clientela (aplicacións big data e análise de datos).

 b) Etiquetado electrónico para lineais de venda.

c) Tecnoloxía de control de stocks e tecnoloxía RFID.

d) Xestor de colas automatizado.

 e) Sistemas de click and collect e locker dixitais.

 f) Probadores interactivos.

 g) Software para a xestión loxística do e-commerce.

 h) Solucións de ciberseguridade.

 i) Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots).

 j) Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce).

 k) Terminais de autopagamento.

 

2.-Programa visual merchandising dirixido á mellora da experiencia de compra, a través das seguintes actuacións:

a) Escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela.

b) Andeis virtuais.

c) Pantallas e mesas interactivas.

d) Totems publicitarios.

e) Encerados dixitais.

f) Aplicacións de realidade virtual e aumentada.

En todo caso, as actuacións comprendidas nas letras a), b), c), d) e e) deberán situarse no punto de venda e incluír o software para a programación e emisión de contidos dixitais. Consideraranse subvencionables os gastos relativos á elaboración destes contidos.

 

3. Programa Green Store dirixido á mellora da eficiencia enerxética e dos recursos, a través das seguintes actuacións:

a) Portas automáticas con sensores de proximidade que redunden nunha mellora da eficiencia enerxética no ámbito térmico do local.

b) Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces que melloren e optimicen o consumo de enerxía eléctrica.

c) Sistemas de climatización do local enerxeticamente eficientes.

Non serán subvencionables:

– Os ordenadores persoais e servidores, televisores, impresoras, terminais de punto de venda, tablets, displays, consolas ou similares, agás o mobiliario tecnolóxico previsto no punto 1 deste artigo.

– Os gastos realizados en establecementos dedicados exclusivamente ás máquinas de venda automática.

– Os gastos dedicados a actividades que non constitúan a actividade comercial principal da persoa solicitante.

– Os custos de adquisición de investimentos ou os gastos subvencionables superiores ao valor de mercado.

– Os impostos indirectos nin os tributos de calquera natureza, licenzas, permisos ou gastos similares. O IVE non será subvencionable en ningún caso.

– Os gastos de arrendamento de establecementos ou gastos correntes da actividade da persoa beneficiaria nin os gastos de persoal.

– O seguimento, mantemento ou calquera outro gasto relacionado co funcionamento e mellora da solución tecnolóxica tras a súa implementación.

– Os traballos realizados pola propia persoa solicitante da subvención nin aquelas actuacións cando o/a vendedor/a dos activos ou o/a prestador/a da actividade sexa da propia empresa ou asociación solicitante ou se dese un suposto análogo do que se puidese derivar autofacturación.

– Os elementos de transporte.

– Os gastos financeiros, reestruturacións de pasivo ou refinanzamentos, circulante e outros impostos ou taxas. Así mesmo, non serán subvencionables os gastos bancarios de calquera tipo de operación, así como aqueles que xeren autofacturación.

– Os inmobles ou artigos de exposición e de proba susceptibles de posterior venda ao público e a instalación de expositores de carácter temporal.

– Nos proxectos de redución de insumos, os elementos de packaging que non sexan reutilizables (no caso de bolsas) e elaborados con materiais que non sexan 100 % reciclados e biodegradables. O investimento máximo subvencionable para os elementos de packaging non poderá superar o 5 % do investimento máximo subvencionable establecido para cada persoa beneficiaria na epígrafe 2.2 deste artigo.

– Os proxectos desenvolvidos polas federacións e asociacións de comerciantes que sexan coincidentes no mesmo territorio e teñan a mesma identidade en canto a actuación, finalidade e obxectivos. En caso de coincidencia, aplicarase a orde de prelación establecida no artigo 4 da orde de convocatoria.

– Os proxectos cuxo investimento non se axuste ao volume de negocio anual e ás necesidades da persoa solicitante.

– Os proxectos que non respecten plenamente as normas e prioridades da Unión Europea en materia climática e ambiental e o principio de «non causar un prexuízo significativo» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088. En calquera caso, non serán financiables as actividades incluídas en lista de exclusión establecida na Decisión de Execución do Consello para este investimento:

• As actividades relacionadas cos combustibles fósiles, incluída a utilización ulterior destes (excepto os proxectos no marco desta medida relacionados coa xeración de electricidade e/ou calor utilizando gas natural, así como coa infraestrutura de transporte e distribución conexa, que cumpran as condicións establecidas no anexo VIII da Guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo» (DO C 58 de 18.2.2021, p.1).

• As actividades no marco do réxime de comercio de dereitos de emisión da UE (RCDE) en relación coas cales se prevexa que a emisións de gases de efecto invernadoiro que van provocar non se situarán por baixo dos parámetros de referencia pertinentes (cando se prevexa que as emisións de gases de efecto invernadoiro provocadas pola actividade subvencionada non van ser significativamente inferiores aos parámetros de referencia pertinentes, deberá facilitarse unha explicación motivada respecto diso. Parámetros de referencia establecidos para a asignación gratuíta de dereitos de emisión en relación coas actividades que se inscriben no ámbito de aplicación do réxime de comercio de dereitos de emisión, segundo o establecido no Regulamento de Execución (UE) 2021/447 da Comisión).

• As actividades relacionadas con vertedoiros de residuos, incineradoras (esta exclusión non se aplica ás accións emprendidas no marco desta medida en plantas dedicadas exclusivamente ao tratamento de residuos perigosos non reciclables, nin ás plantas existentes, cando as ditas accións teñan por obxecto aumentar a eficiencia enerxética, capturar os gases de escape para o seu almacenamento ou utilización, ou recuperar materiais das cinzas de incineración, sempre que tales accións non comporten un aumento da capacidade de tratamento de residuos das plantas ou unha prolongación da súa vida útil; estes pormenores deberán xustificarse documentalmente por cada planta), plantas de tratamento mecánico-biolóxico (esta exclusión non se aplica ás accións emprendidas no marco desta medida nas plantas de tratamento mecánico-biolóxico existentes, cando as ditas accións teñan por obxecto aumentar a súa eficiencia enerxética ou o seu reacondicionamento para operacións de reciclaxe de residuos separados, como a compostaxe e a dixestión anaerobia de biorresiduos, sempre que tales accións non comporten un aumento da capacidade de tratamento de residuos das plantas ou a unha prolongación da súa vida útil; estes pormenores deberán xustificarse documentalmente por cada planta).

• As actividades en que a eliminación a longo prazo de residuos poida causar danos ao ambiente.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com