O Coxga e a Federación Galega de Xoiaría lanzan unha serie de videopodcasts sobre o impacto das xoias en diferentes ámbitos - Eventos de verán

O proxecto denominado “Maridaxe con xoias” estará dispoñible nas súas redes sociais onde se poderá acceder a contido exclusivo da man de profesionais de sectores como a moda, a estética e a cultura.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2023. O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga), en colaboración coa Federación Galega de Xoiaría mostra a importancia das xoias en diversos planos da sociedade a través dun formato innovador como o videopodcast e tendo como protagonistas a persoas especialistas en diferentes áreas.
“Maridaxe con xoias” é o nome desta serie de capítulos que descobren as características únicas deste complemento para cada ocasión.

A xoia aparece como elemento clave no cine, na literatura e na nosa vida cotiá. Para cada ocasión, existe unha especial e en cada ámbito ten un papel diferente. O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia aposta por figuras do panorama galego para trasladar esta mensaxe.

A xornalista Luisa López estará acompañada cada semana de diferentes persoas que darán o seu punto de vista sobre a xoiaría dende o seu terreo profesional. Entre os convidados atópase un estilista, unha modelo e unha experta en coidado estético ademais doutros que sorprenderán co seu vencello ao mundo da xoiaría. Establécese así unha visión transcendental deste grazas a labor do Coxga.
“Maridaxe con xoias” está dispoñible en Youtube, Vimeo e tamén na páxina web da Federación e na páxina web do Colexio. Ademáis, tamén se compartirán os mellores momentos nas redes sociais (Instagram e Facebook).

Preme na imaxe que aparece a continuación para ver os diferentes capítulos do videopodcast que aspira a converterse nun referente sobre xoiaría nos eventos: "Maridaxe con xoias".

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com