20/09/2023
O establecemento de óptica e reloxaría Martínez Pardo de Ferrol celebra 125 anos de traxectoria, o que o converte nun dos máis veterano de toda Galicia e no comercio máis lonxevo de Ferrol da man da familia Martínez. Foi en 1898 cando José Martínez Pardo puxo en marcha o que a día de hoxe é un dos establecementos que acumula máis historia na cidade.
Na actualidade os bisnetos de Martínez Pardo seguen a fronte do negocio. Eles son Beatriz e Rafael Martínez Bermúdez. O seu pai, Juan José Martínez Sisto, con 75 anos, tamén continúa pilotando a transición deste histórico negocio, que partiu dunha máquina de coser. Antes de adicarse a este sector, o pai do bisavó dos actuais responsables do establecemento creou artesanalmente en 1868 unha máquina de cose que obtivo o premio rexional en 1875 e que fabricaban en Galicia e venderon con éxito naqueles tempos. Xa por aquel entón o establecemento vendías ademais reloxos de parede, de pé e de peto, así como espellos para ver mellor.
Foi a partir de 1920 cando xa incorporaron ao establecemento, da man de Santiago Martínez y Pardo de Andrade, os primeiros instrumentos e técnicas de graduación da vista. É por iso que nalgunhas das vitrinas encontramos pezas que serían dignas de formar parte dun museo da evolución do sector óptico e deste comercio con tanta historia.
Celebrará o seu aniversario expoñendo nos seus escaparates algunhas desas pezas históricas como os espellos, monóculos e os audiófonos que se coñeceron en Ferrol en 1953. Beatriz, igual que seu pai e seu avó, é óptica optometrista, e seu irmán Rafael é audioprotesista. Tras 125 anos ao pé do canón, esta familia segue apostando por ofrecer a experiencia dunha traxectoria impecable con seriedade e compromiso con Ferrol e a súa xente, ás que serviron ao longo de catro xeracións.