Hai mensaxes que son xoias, xa tes a túa?

  • Mensaxes personalizadas dos Reis Magos da Xoiaría

  • Unha experiencia de Nadal única e inolvidable que fará sentir especiais aos máis pequenos, e non tan pequenos, de Galicia.

 

O Coxga e a Federación de Xoieiros lanzan unha campaña de Nadal que permite as/os nenas/os de Galicia recibir unha mensaxe personalizada das súas Maxestades os Reis Magos. Cun só clic en mensaxesmaxicas.com dende calquera dispositivo móbil os máis pequenos da casa, e non tan pequenos, serán sorprendidos polos Reis de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar. 

Trátase dunha experiencia de Nadal única, que une a riqueza da tradición coas novas tendencias tecnolóxicas, e que destaca a maxia da xoiaría.

A plataforma mensaxesmaxicas.com xa está aberta e poderá ser utilizada ata o 5 de xaneiro de 2024. Esta campaña, desenrolada con intelixencia artificial, permite aos máis pequenos recibir un detalle ilusionante e personalizado nesta tempada festiva, facéndolles sentir moi especiais. 

Esta iniciativa engade encanto e autenticidade á tempada de Nadal ao tempo que destaca a excelencia e beleza da xoiaría, dando así visibilidade ó sector e axudando a fortalecer e promover o comercio de xoiaría en Galicia.

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com