San Valentín 2024: Amores auténticos, xoias inesquecibles

  • Mediante un conmovedor vídeo, a campaña presenta historias auténticas que reflectin a diversidade do amor en diversas relacións, incluindo parellas, lazos familiares fortes, amizades profundas e o afecto cara as mascotas.
  • O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (COXGA) e a Federación Galega de Xoieiros, mantendo o seu compromiso coa herdanza xoieira galega, promove a través desta campaña unha visión inclusiva e representativa da sociedade actual, mentras preserva a rica tradición da artesanía en xoiaría.

O Coxga e a Federación Galega de Xoieiros lanzan a campaña de San Valentín baixo o claim “Amores auténticos, xoias inesquecibles”. Esta iniciativa celebra a diversidade e riqueza do amor, transcendendo ás convencións e estereotipos tradicionais para abarcar o amor no seu espectro máis amplo.

Nunha sociedade que avanza cara unha maior inclusión e comprensión da diversidade, a campaña recoñece que o amor transcende xéneros, roles preestablecidos e formas únicas. Con este espírito, distánciase da representación tradicional do amor platónico, para honrar e facer visible o amor en todas as súas expresións: dende o amor romántico ata o amor fraternal, o incondicional cara os amigos e o cariño especial cara as mascotas.

Mediante un conmovedor vídeo, a campaña presenta historias auténticas que reflicten a diversidade do amor en diversas relacións, incluíndo parellas, lazos familiares fortes, amizades profundas e o afecto cara as mascotas. Cada historia subliña como as xoias son testemuñas e símbolos destes vínculos afectivos, destacando que o verdadeiro amor dunha xoia xace na súa capacidade para narrar historias e conservar momentos memorables.

Herdanza xoieira

Promóvese a través desta campaña unha visión inclusiva e representativa da sociedade actual, mentres preserva a rica tradición da artesanía en xoiaría. As xoias, obras mestras únicas creadas con paixón e habilidade, posiciónanse como o regalo ideal para expresar amor en San Valentín, simbolizando non só un xesto de amor, senón tamén a continuidade de historias e a creación de novos recordos.

A campaña “Amores auténticos, xoias inesquecibles” convida ao público a celebrar o amor na súa diversidade este San Valentín, elixindo a xoiaría, que transcende o tempo e representa a beleza das relacións humanas en todas as súas formas. É unha chamada a recoñecer que, mentres algunhas tradicións se manteñen, outras poden e deben evolucionar para reflectir a realidade social en cambio constante.

Realízase unha invitación aberta para unirse a esta celebración do amor, a artesanía e a tradición, amosando como unha peza de xoiaría pode ser moito máis que un accesorio: un enlace entre corazóns, xeracións e relatos. Esta campaña subliña que o amor, en todas as súas manifestacións, merece ser festexado e honrado.

Segue a campaña en: 

Instagram

Facebook

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com