O Coxga e a Consellería de Educación renovan o convenio de formación dual no itinerario Xoiaría e Complementos

O Coxga e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional renovan o convenio para dar continuidade ao sistema de ensinanzas artísticas superiores de Deseño de Produto con carácter dual.

O Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, firmou hoxe dous convenios de colaboración co Coxga e coa Asociación de Artesáns e Comerciantes Ourives de Compostela para a nova promoción de alumnado que cursará esta modalidade formativa que xa comezou a impartirse por primeira vez este curso.

O Centro que ofrece este itinerario desglosado de xoiaría e complementos na especialidade de Produto é a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, de Santiago de Compostela.

A partir de agora e grazas aos convenios firmados hoxe, os estudantes matriculados neste itinerario poderán compaxinar a súa formación académica na EASD Mestre Mateo coa formación práctica en distintas firmas de xoias e ourivaría integradas nas entidades antes mencionadas.

Esta formación de carácter dual realizarase de maneira compartida entre as empresas e o centro educativos en 3º e 4º curso.

    

    

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com