Unha ducia de escolares de Galicia cumpriu o seu soño de ver realizada a xoia que deseñaron para regalar a súa nai

  • 80 deseños finalistas e 12 premiados convertidos en xoias na XIV edición do certame “Deseña unha xoia para a túa nai”
  • Xoieiros Profesionais converteron en xoias reais os deseños gañadores: Félix Munín, Fink Orfebres, Isabel Suárez e os alumnos Lidia Quintela Rial, Carlota Cao Boluda e Luis Carlos de la Rúa Paniagua da EASD Mestre Mateo (de Santiago de Compostela); Ardentia, Lizarriturri e Unión Joyera de Bergondo (de Bergondo); Rosende Joyeros (de Ferrol); Taller Fariña Xoias (de Marín) e Óscar Rodríguez, (de Viveiro)
  • A entrega de premios tivo lugar o domingo 28 de abril ás 12h30 no Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea, de Santiago de Compostela. Ao acto asistiron autoridades das distintas Administracións Públicas, e membros da Xunta de Goberno do Colexio de Xoiaria que arrouparon aos 80 finalistas e ás súas familias.

 

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2024 O Certame “Deseña unha xoia para a túa nai”, que organiza a Federación Galega de Xoieiros e o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga), en colaboración coa Fundación Pública Artesanía de Galicia e a  Xunta de Galicia, volveu a poñer a proba a creatividade dos máis pequenos cun certame no que retaba a nenos de 0 a12 anos a deseñar a xoia que lles gustaría regalar a súa nai.

Os escolares participantes na XIV edición, diferenciados en categorías por idades, de 0 a 4 anos, de 5 a 7, de 8 a 10 anos e de 11 a 12 anos, debuxaron a xoia que quererían regalar á súa nai, e, entre os miles de traballos presentados, o xurado seleccionou aos 80 finalistas.

No acto de entrega de premios que tivo lugar o pasado domingo 28 de abril ás 12h30 no Auditorio do CGAC de Santiago de Compostela, e que contou coa presenza de autoridades das distintas Administracións Públicas, arroupando aos 80 finalistas e ás súas familias, desveláronse os gañadores que viron convertidas en xoias reais os seus deseños.

Os xoieiros profesionais que o fixeron posible foron Félix Munín, Fink Orfebres, Isabel Suárez e os alumnos Lidia Quintela Rial, Carlota Cao Boluda e Luis Carlos de la Rúa Paniagua da EASD Mestre Mateo (de Santiago de Compostela); Ardentia, Lizarriturri e Unión Joyera de Bergondo (de Bergondo); Rosende Joyeros (de Ferrol); Taller Fariña Xoias (de Marín) e Óscar Rodríguez, (de Viveiro)

Tomando como referencia os debuxos enviados polos nenos e nenas, cada un dos xoieiros encargouse da creación dunha ou varias das xoias gañadoras. Intentando manterse o máis fiel posible ao deseño, decidiron o tipo de metal máis apropiado e a interpretación que mellor garantiu a súa execución técnica.

Estas doce xoias únicas dos premiados na XIV edición do certame “Deseña unha xoia para a túa nai”, súmanse ás 138 xoias fabricadas con anterioridade nas pasadas edicións. Un premio que durará para sempre e que conta coa garantía de profesionalidade dos xoieiros colexiados de Galicia.

A Federación Galega de Xoieiros e o Coxga queren, con esta iniciativa, facer máis visible a profesión ante a sociedade, achegando aos máis pequenos ás posibilidades culturais e laboráis que ofrece o sector da xoiaría.

Para que poidades seguir disfrutando dun día moi especial, deixámosvos a continuación os enlaces aos seguintes álbums:

- Preme aquí para acceder ao álbum dos deseños gañadores

- Preme aquí para acceder ao album do acto de entrega de premios

- Preme aquí para acceder ao album da recepción ao acto de entrega de premios

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com