Novidades Kit Dixital - Xa podes solicitar o bono de 3.000 € ou a ampliacion de 1.000 €

                                                

As microempresas e autónomas/os do segmento III do programa Kit Dixital (de 0 a 2 empregados) xa poden solicitar o seu bono dixital de 3.000 €. E os que xa foran beneficiarios anteriormente (2.000 €) poden solicitar 1.000 € adicionais para o ordenador portátil ou de sobremesa.

A convocatoria está aberta ata o 31 de outubro de 2025 ás 11h.

Nova categoría de solución: Posto de Traballo Seguro

Inclúe un dispositivo hardware que debe ter integrado no produto e no prezo, unha licenza que cumpra cos requisitos establecidos para a categoría X, de Ciberseguridade, ademais dun encriptado/cifrado en repouso, que asegure a privacidade dos datos e documentos almacenados no dispositivo. Contía máxima subvencionable: 1.000 €.

PROCESO DE SOLICITUDE:

1. Rexistro en Acelera Pyme: Rexístrate aquí (crear usuario na área privada). A continuación, inicia sesión na páxina co usuario que acabas de crear e completa o test de autodiagnóstico (requisito esencial para poder solicitar a subvención)

2. Consulta o catálogo de solucións dixitais: No apartado "Categorías de solucións dixitais" poderás consultar con detalle en que consiste cada unha.

Poderás escoller unha ou varias. As que mellor se adapten ás necesidades do teu negocio.

3. Solicitude de axuda: Acceder ao trámite (mediante certificado dixital ou clave) para solicitar o teu bono Kit Dixital.

Para aqueles xa beneficiarios de axudas anteriores por un importe de 2.000 €, poderán solicitar os 1.000 € adicionais mediante unha declaración de conformidade na Sede Electrónia de Red.es.

Importante: As axudas outorgaranse de forma directa e por orde de chegada, unha vez se verifique o cumprimento dos requisitos. 

Máis info preme aquí.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com