Bonos Talento Empresa 2024 -2025

Preme aquí para ver infografía - resumo.

Preme aquí para ler as Bases Reguladoras.

 

Obxecto:

As axudas dos Bonos Talento Empresa están destinados á formación non formal mediante a realización de accións formativas de curta duración, entre 16 e 100 horas, que teñan como obxectivo mellorar as capacidades das empresas e contribuír ao desenvolvemento profesional dos seus cadros de persoal.

Prazo de solicitudes: 26-06-2024 ata o 16-09-2024 ou ata esgotamento do crédito. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

A continuación, un pequeno RESUMO:

Entidades beneficiarias:

Poden solicitar estas axudas:

 - microempresas, pemes e grandes empresas con actividade ininterrompida, cando menos, desde tres anos antes da data de publicación desta axuda (25-06-2024) e con centro de traballo en Galicia

- persoas traballadoras autónomas que teñan contratadas ao seu cargo persoas traballadoras por conta allea, con centro de traballo en Galicia e cunha antigüidade como cotizante igual ou superior a tres anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data de publicación da presente convocatoria

 

Persoas destinatarias das accións formativas:

As persoas traballadoras ocupadas por conta allea que presten os seus servizos nas entidades beneficiarias indicadas.

A participación nas accións formativas será complementamente gratuíta para as persoas destinatarias.

 

Proxecto formativo - Accións formativas:

A entidade solicitante só poderá solicitar un proxecto formativo que como máximo poderá conter ata tres accións formativas; cada unha das accións formativas poderá ter unha duración mínima de 16 horas e máxima de 100.

As accións formativas solicitadas deben ser de formación non formal, non deben atoparse incluídas na oferta de formación, formal e non formal, recollida no Catálogo de Especialidades Formativas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) que pode consultar premendo aquí.

Estas accións formativas deberán ser executadas en modalidade presencial e poderanse impartir na súa totalidade ou parcialmente mediante aula virtual. Para a impartición en aula virtual deberá empregarse o Campus Virtual de Formación para o Emprego que pon a disposición a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

A formación pode realizarse con persoal interno da empresa ou subcontratado, total ou parcial, con outras empresas ou entidades de formación.

As persoas participantes nas accións formativas terán dereito a recibir unha acreditación de ter participado, sempren que cumpran o requisito de asistir como mínimo ao 80% do total de horas da acción formativa e ter realizadas as probas de coñecemento correspondentes.

A formación realizada deberá incluír probas de coñecemento sobre os contidos. Deberá realizarse como mínimo: unha proba por cada 8 horas, cando a duración da acción formativa sexa inferior a 24 horas e cada 16 horas cando a duración da acción formativa sexa igual ou superior a 24 horas.

 

Contía da subvención:

O gasto máximo subvencionable de cada acción formativa determinarase mediante a suma de:

a) 16,70 € por hora de formación polo número de persoas asalariadas pertencentes ao cadro de persoal da entidade solicitante que realizan a acción formativa

b) 17,93 € por hora de formación para cubrir o salario aboado ás persoas asalariadas polo número de persoas asalariadas pertencentes ao cadro de persoal da entidade solicitante que participan na acción formativa

A contía máxima de subvención por entidade solicitante non poderá ser superior a 25.000€.

En todo caso, a intensidade máxima da axuda solicitada está limitada ao:

- 50% dos custos subvencionables para as grandes empresas

- 60 € dos custos subvencionables para as medianas empresas

- 70 % dos custos subvencionables paa as pequenas empresas e microempresas

O procedemento de concesión de subvencións tramitarase e resolverase en réxime de concorrencia non competitiva, ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Na orde de prelación que se siga para a súa resolución terase en conta a data en que as solicitudes reúnan todos os requisitos e/ou documentación requirida, unha vez emendada a ausencia ou insuficiencia que no seu caso se apreciou polo órgano convocante.

 

O período de realización das accións formativas:

a) Para aquelas accións formativas que se desenvolvan exclusivamente no ano 2024: 26-06-2024 ata o 15 de novembro de  2024.

b) Para accións formativas que se desenvolvan entre 2024 e  2025 ou exclusivamente en 2025:16-11-2024  ata o 30 de setembro de 2025.

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com