Axudas para o fomento da comercialización da artesanía galega

Preme aquí para ler as Bases Reguladoras.

 

Prazo de solicitude: do 28-06-2024 ata 29-07-2024.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica.

Obxecto:

O fomento da comercialización da artesanía para actuacións realizadas e pagadas desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2024 e excepcionalmente os gastos efectuados desde o 1 de novembro ao 31 de decembro de 2023 derivados da organización e participación en feiras do período do Nadal 2023/24, así como os gastos efectuados no ano 2023 para o pagamento da súa reserva.

Persoas beneficiarias (entre outras):

Titulares de obradoiros artesanais, sexan persoas físicas ou xurídicas ou comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de termo ata o último día de prazo para a presentación da solicitude de subvención para solicitar a inscrición no dito rexistro.

 Actuacións subvencionables:

Para os titulares dos obradoiros artesanais considéranse actuacións subvencionables a participación como expositora/or en feiras ou eventos de interese artesanal, nacionais ou internacionais:

a) Feiras profesionais de artesanía.

b) Feiras non profesionais.

c) Feiras profesionais e non profesionais do período do Nadal 2023/24.

Axuda:

A axuda consistirá en tíckets de impulso á comercialización, que terán as seguintes modalidades:

a) Tícket de feira profesional cun importe máximo de axuda cada un de: 500,00 €, 1.500,00 € e 3.000,00 € (IVE excluído), cun máximo de 6 tíckets por obradoiro. A axuda concederase unicamente para a participación en feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 500,00 €.

A porcentaxe subvencionable por cada feira acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 3.000,00 € de axuda por feira.

b) Tícket de feira non profesional cun importe máximo de axuda cada un de: 400,00 € e 850,00 € euros (IVE excluído), cun máximo de 6 tíckets por obradoiro. A axuda concederase unicamente para a asistencia a feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 400,00 €. Quedan excluídas de solicitar por tícket as feiras do período de Nadal 2023/24.

A porcentaxe subvencionable por cada feira acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 850,00 € de axuda por feira.

c) Dado que a asistencia a feiras do período de Nadal 2023/24 para as cales se solicite subvención xa se realizou ao tempo da presentación da solicitude, deberá presentarse a documentación xustificativa (facturas, xustificantes dos pagamentos, certificación expresa de participación no certame e documentación gráfica que acredite o cumprimento da utilización de logos e sinaléticas)

A axuda concederase unicamente para a asistencia a feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 400,00 €.

O importe máximo de axuda para estas feiras de Nadal será do 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 1.500,00 € por cada unha e cun límite de 3 feiras para este período.

Do mesmo xeito, se xa se asistiu a algunha feira das indicadas nos apartados a) e b) e, polo tanto, xa se conta coa documentación xustificativa que así o acredite, o solicitante poderá substituír a solicitude de tícket pola documentación xustificativa (facturas, xustificantes dos pagamentos, certificación expresa de participación no certame e documentación gráfica que acredite o cumprimento da utilización de logos e sinaléticas)

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas estas actuacións subvencionables non poderá superar 8.000,00 €, IVE excluído.

O pagamento da axuda realizarase unha vez que se xustifiquen os gastos, sempre que se xustifique, como mínimo, o 40 % da axuda concedida.

Gastos subvencionables para a asistencia a feiras como expositor/a:

– Os que ocasione o alugamento do espazo expositivo que se contrata.

– Os seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira.

– O transporte do material expositivo realizado por un transportista profesional.

– No caso de feiras internacionais, os servizos de tradución e de transporte realizados por un transportista profesional.

 

Non se consideran gastos subvencionables:

a) Gastos derivados da participación en feiras: construción das casetas, seguros non obrigatorios, vixilancia, contratación de persoal de atención ao público, de intérpretes (coas excepcións recollidas nos puntos anteriores), axudas de custo de manutención, desprazamentos, aloxamento e publicacións.

b) Gastos emanados da participación en feiras: no caso de que a organización do evento, concellos e asociacións profesionais de artesáns, xa fosen beneficiarias dunha subvención para os gastos de infraestrutura e os servizos propiamente feirais, ou no caso de que a feira contase cunha axuda financeira da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

c) Organización e celebración de feiras: gastos derivados de seguros non obrigatorios, axudas de custo de manutención, desprazamentos e aloxamento, regalos promocionais e a realización de cócteles e actos análogos, gastos de persoal propio da entidade de que se trate, así como calquera outro gasto derivado da súa actividade habitual.

d) Organización, celebración e participación de feiras de carácter gastronómico, turístico e festivais musicais

e) Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

f) Aqueles que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable, e/ou directamente relacionados coa cualificación dos obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com