Axudas aos investimentos en equipamento

Comunicámosche que se publicou no DOG a convocatoria de axudas do Igape aos investimentos en equipamento en Galicia. Para ler a Orde completa preme aquí.

Prazo de solicitude: dende as 9h do 07-08-2024 ata as 14h do 10-10-2024, agás que se produza antes o esgotamento do crédito.


As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica. Ademais, dentro do prazo establecido para presentar a solicitude de axuda, cubrirase un formulario previo (electrónico) descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

 

RESUMO:

Obxecto:

Apoiar á empresa galega nos custos de investimentos en equipamentos subvencionando sobre o volume de investimento en maquinaria, bens de equipamento ou sistemas informáticos.

 

Persoas beneficiarias:

As empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia, que realicen calquera actividade económica coa excepción das actividades de produción primaria de produtos da pesca e da acuicultura e da produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros.

 

Actuacións subvencionables:

Investimento en activos fixos tanxibles e intanxibles nos que incorra a empresa desde o 1 de xaneiro de 2024 e anteriores á data de solicitude, podendo tamén incluír investimentos que se realizarán con posterioridade á data de solicitude, ata o 10 de decembro de 2024:

 
Compra de maquinaria ou bens de equipamento.


• Programas de implantación de solucións tecnolóxicas (software e hardware).

 

Condicións:

 

O importe mínimo de custo subvencionable total deberá acadar 40.000 €. Non será subvencionables en ningún caso impostos, xuros e gastos financeiros, e taxas.

Intensidade de axuda: axuda do 40 % ata un máximo de 300.000 € para os custos subvencionables incorridos pola empresa durante o período subvencionable, que abarca desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o remate das actuacións propostas, que non deberá superar en ningún caso o 10 de decembro de 2024.

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com