dsdsadsadsadsada


Axudas do Igape para pemes e autónomos

Convocatorias de axudas do Igape para pemes e autónomos:

 

A continuación facemos un breve resumo das características principais destas axudas:

 

Axudas á transformación dixital das empresas:

Axudas destinadas a apoiar a posta en marcha de proxectos de dixitalización, cuxa finalidade sexa a implantación de solucións que proporcionen soporte dixital aos procesos dunha empresa, así como proxectos de interconexión dixital entre unha empresa galega e outras, ou entre dúas ou máis empresas galegas. Estes proxectos poden incluír, entre outros, ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, ou procesos de coordinación entre un líder industrial e as pemes que integran a súa cadea de valor.

Prazo presentación solicitudes: 20/01/2025 a 19/02/2025

Persoas beneficiarias: pemes e persoas autónomas

Conceptos subvencionables: 

- Hardware e software necesarios para o desenvolvemento do proxecto

- Servizos de consultaría externa

- Gastos de coordinación do proxecto

Importe mínimo subvencionable: 12.000 € para os proxectos individuais e 10.000 € por participante para os proxectos colectivos.

Contía da axuda:

35% dos investimentos materiais e inmateriais para as pequenas empresas

25% dos investimentos materiais e inmateriais para as medianas empresas

50% dos gastos servizos de consultaría

Para máis info preme aquí.

 

Axudas a Startups (empresas de recente creación):

Axudas para fomentar a actividade das startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia subvencionando os gastos e investimentos nos que incorran dende o 1 de xaneiro de 2025 ata a data da solicitude de axuda.

Prazo presentación solicitudes: 20/01/2025 a 30/09/2025

Persoas beneficiarias: Startups (empresas de menos de 5 anos desde a inscrición no Rexistro Mercantil ou 7 anos no caso de empresas de biotecnoloxía, enerxía e industriais).

Concorrencia non competitiva. Concesión ata esgotar o crédito

Conceptos subvencionables: Poderá ser subvencionable calquera gasto ou investimento nos que incorra a startup desde o 1 de xaneiro de 2025 ata a data da solicitude de axuda.

Importe mínimo subvencionable: 10.000 €

Contía da axuda: 100 %

Importe máximo axuda: 20.000 €

Para máis info preme aquí.

 

Axudas a proxectos de investimento empresarial

Axudas a proxectos de investimento empresarial:

1. Proxectos de investimento empresarial xerais (obra civil, bens de equipamento, inversións en activos fixos, aplicacións informáticas vinculadas co proceso productivo, adquisición de activo dun establecemento). Importe mínimo subvencionable: 50.000 €

2. Proxectos de investimento en equipamento produtivo (maquinaria de proceso, instalacións e obras específicas para a maquinaria, etc). Importe mínimo subvencionable: 50.000 €

Os proxectos de investimento obxecto de apoio deberán responder a algunha das seguintes tipoloxías:

- Creación dun novo establecemento

- Ampliación de capacidade de establecementos existentes.

Prazo de presentación solicitudes: 21/01/2025 a 30/09/2025

Persoas beneficiarias: pemes e persoas autónomas, agrupacións de persoas físicas ou xurídica, comunidades de bens.

Concorrencia non competitiva. Concesión ata esgotar o crédito

Contía da axuda: 35% para pequenas empresas e 25 % para as medianas empresas

Para máis info preme aquí.

 

Ticket Innova

Axudas para incentivar o uso de servizos para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación polas pequenas e medianas empresas (pemes), en especial, polas pertencentes a sectores tradicionais non intensivos en innovación.

En concreto, serán subvencionables os custos de contratación de servizos externos especializados en materia de innovación e desenvolvemento tecnolóxico (empresas especializadas en innovación e centros tecnolóxicos) efectuados desde o 1 de xaneiros de 2025 ata a data de solicitude de axuda.

Concorrencia non competitiva. Concesión ata esgotar o crédito

Prazo de presentación solicitudes: 21/01/2025 a 30/09/2025

Importe mínimo gasto subvencionable: 10.000 €

Hai 6 modalidades de tickets Innova:

a) Estratexia e xestión da innovación

b) Deseño para a innovación

c) Xestión da protección do coñecemento da innovación

d) Certificacións para as deducións fiscais en I+D+I

e) Preparación de propostas a programas e axudas europeas

f) Deseño de novos procesos ou servizos baseados en tecnoloxías dixitais emerxentes.

Persoas beneficiarias: pemes galegas ou cun centro de traballo en Galicia

Contía da axuda: 80% ata un máximo de 48.000 €

Para máis info preme aquí.

 

Programa Re-acciona

Axudas para servizos de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (servizo de análise de potencial competitivo, servizo de asesoramento para o relanzamento comercial, servizo de apoio para empresas emerxentes innovadoras, servizos de deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores, servizos de protección da innovación, servizos de asesoramento para o financiamento da innovación, etc)

Prazo de presentación de solicitudes: 20/01/2025 a 17/11/2025

Concorrencia non competitiva. Concesión ata esgotar o crédito

Persoas beneficiarias: pemes e persoas autónomas, comunidades de bens, asociacións, fundacións.

Contía da axuda: 80% do importe establecido para cada servizo:

Análise e avaliación competitiva: 3.780 €

Optimización e mellora competitiva: 5.355 €

Estratexias de Competitividade avanzada: 6.300 €

Para máis info preme aquí

 

Apoio ao acceso ao crédito das pemes (financiamento Igape - Pemes)

Préstamos avalados para investimentos produtivos e/ou circulante estrutural. Os préstamos tamén poderán destinarse ao pagamento ou reestruturación de débedas.

Axudas para dar reposta ás necesidades de financiamento detectadas nas pemes galegas, facilitando:

a) Préstamos avalados para o crecemento das pemes, co obxecto de favorecer, mediante reavais, o acceso a préstamos a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/ou circulante estrutural por parte das pemes galegas, e dando a posibilidade de aplicar os fondos, total ou parcialmente, ao pagamento e/ou reestruturación de débedas con entidades financeiras.

b) Garantías ante terceiros vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos, co obxecto de favorecer a capacidade das pemes para outorgar garantías fronte a terceiros, para garantir o cumprimento de contratos, tráfico comercial ou avais técnicos.

Concorrencia non competitiva. Concesión ata esgotar o crédito.

Axuda: En ambas modalidades, o apoio do Igape consiste nunha bonificación da comisión do aval e, se é o caso, do tipo de xuro, e a posibilidade, en aplicación da normativa vixente de avais do Igape, de reaval de, como máximo o 25% do risco asumido polas SGR, que facilite o acceso ao crédito.

Prazo presentación solicitudes: 21/01/2025 a 30/09/2025

Persoas beneficiarias: pemes e persoas autónomas

Para máis info preme aquí.

 

Novacións de débedas co IGAPE

Modalidades das novacións:

- Modificativa e, se é o caso, extintiva, dos préstamos en vigor.

- Extintiva dos préstamos vencidos, supón a formalización dunha nova operación.

Prazo presentación solicitudes: 21/01/2025 a 30/12/2025

Persoas beneficiarias: 

1. Titulares de:

- débedas vivas por préstamos en vigor que presenten dificultades de liquidez

- débedas derivadas da falta de pagamento de préstamos vencidos

- bens que garantan débedas vencidas, e pretendan facer fronte ao reembolso das débedas para evitar a perda do ben.

2. Fiadores de préstamos con débedas vencidas

Para máis info preme aquí.

 

Axudas para a mellora da capacidade da innovación das empresas (Igape Innova)

Axudas destinadas a pemes e grandes empresas con centro de traballo en Galicia, co obxectivo de incrementar a capacidade innovadora das mesmas, mediante a introdución de innovacións significativas que incrementen a súa competitividade, a través da aplicación do deseño, da xeración e incorporación de coñecementos, tecnoloxías e innovacións destinadas á mellora de procesos e á creación de produtos e servizos tecnoloxicamente avanzados e de maior valor engadido.

Dúas liñas de actuación:

Liña 1. Plans de innovación en procesos e organización (proceso novo ou mellorado para unha ou máis funcións de negocio que difiren significativamente do proceso de negocio anterior da empresa)

Liña 2. Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade (método novo ou mellorado para unha ou máis funcións relativas á organización empresarial e as súas interaccións)

Prazo presentación solicitudes: 21/01/2025 a 20/02/2025

Persoas beneficiarias: 

Liña 1: pemes galegas ou cun centro de traballo en Galicia

Liña 2: pemes e grandes empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia

Contía da axuda:

Liña 1: 50% de 50.000 € a 250.000 €

Liña 2: 50% de 50.000 € a 250.000 € para pemes e 25% de 12.500 € a 62.500 € para grandes empresas (a porcentaxe poderá aumentar ao 40% no caso de plans para o desenvolvemento experimental de proxectos de deseño)

Para máis info preme aquí.

 

Axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da Intelixencia Artificial

Apoiar ás pemes e grandes empresas de Galicia no desenvolvemento tecnolóxico e a innovación a través do uso da Intelixencia Artificial, subvencionando as seguintes tipoloxías de proxectos clasificados en:

Liña A: Desenvolvemento de tecnoloxía para a mellora da actividade económica e industrial e para a comercialización de novos produtos e servizos baseados en Intelixencia Artificial.

Liña B: Proxectos de implantación e aplicación de servizos e/ou solucións comerciais baseadas en Intelixencia Artificial para mellorar a competitividade das empresas de Galicia, e proxectos no marco de xestiión estratéxica do dato para acelerar a adopción de solucións baseadas en Intelixencia Artificial.

Liña C: Proxectos de formación en Intelixencia Artificial en empresas de Galicia, para mellorar a súa capacitación, competitividade e integración da Intelixencia Artificial nas súas cadeas de valor.

Prazo presentación solicitudes: 

Liña A: 22/01/2025 a 30/04/2025

Liñas B e C: 22/01/2025 a 31/10/2025

Persoas beneficiarias: 

Liña A e C: todas as empresas

Liña B: pemes

Para máis info preme aquí.

 

Préstamos directos para o financiamento empresarial

Préstamos directos do Igape para o financiamento empresarial.

Prazo presentación solicitudes: 21/01/2025 a 01/12/2025

Para máis info preme aquí. 

 

 

← volver
  • Curso Online de Gemología básica
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com