dsdsadsadsadsada


Axudas específicas para autónomos

Publicáronse no DOG unha serie de axudas específicas para autónomos. A continuación indicámosche cales son estas axudas e o enlace ás infografías explicativas das mesmas. 

Podes ler a orde completa da convocatoria aquí.

O prazo xeral de presentación destas axudas vai do 24/01/2025 ao 30/09/2025.

a) Programa I: Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas, destinado a apoiar as persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial como persoas traballadoras autónomas.

Preme aquí para ver infografía explicativa.

b) Programa II: Nova Oportunidade das persoas traballadoras autónomas, destinado a facilitar a volta á actividade económica da persoa traballadora autónoma que non tivo éxito no seu anterior intento.

Preme aquí para ver infografía explicativa.

c) Programa III: Bono das persoas traballadoras autónomas, destinado a apoiar a consolidación e o mantemento da actividade (compra de maquinaria, equipo informático, rótulos, reforma de local, ferramentas, etc).

Preme aquí para ver infografía explicativa.

d) Programa IV: Bono remuda das persoas traballadoras autónomas, destinado a evitar o peche de negocios por falta de relevo xeracional.

Preme aquí para ver infografía explicativa.

e) Programa V: Axudas á conciliación das persoas traballadoras autónomas, destinado a apoiar e promover a conciliación das persoas traballadoras autónomas.

Preme aquí para ver infografía explicativa.

 

Tamén se publicaron no DOG axudas para a contración indefinida e a formación de asalariados.

Podes ler a orde completa da convocatoria aquí.

Preme aquí para ver infografía explicativa.

 

← volver
  • Curso Online de Gemología básica
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com