23/01/2025
O Coxga convídate a visitar a feira madridjoya (Madrid), que terá lugar do 6 ao 9 de febreiro.
As entradas son válidas para todos os días da feira e tamén dá acceso a Bisutex, Momad e Intergift.
Se é a primeira vez que te rexistras, crea, en un minuto, a túa conta. Se estás rexistrado de ocasións anteriores, simplemente indica o correo-e e o contrasinal co que te rexistraras. A continuación introduce, cando che sexa requirido, o seguinte código: PROMOJY25.
Con cada rexistro obtense unha entrada polo que cada asistente (e acompañante/s) deberá rexistrarse co seu enderezo de correo-e.
En calquera caso, se o prefires, indícanos o nome e apelidos de cada persoa asistente e remitirémosche as entradas por correo-e ou WhatsApp.