dsdsadsadsadsada


Óscar Rodríguez, novo Presidente da Confederación da Xoiaría de España

A Confederación da Xoiaría de España, na Asemblea extraordinaria celebrada onte 17 de marzo, elixiu a Óscar Rodríguez Blanco como novo Presidente da Confederación para os próximos catro anos, tomando así o relevo de Milagrosa Gómez Cabello.

Nas súas primeiras declaracións como presidente, Óscar Rodríguez subliñou os tres grandes piares do seu mandato:

1.- Adaptar a normativa de obxectos fabricados con metais preciosos á situación actual.

2.- Dar un impulso á cita feiral nacional, Madridjoya, para volver a convertela nun evento de referencia.

3.- Crear un tecido asociativo forte, reactivando o resto de Asociacións e Gremios que conforman o sector.

No transcurso da Asemblea Óscar Rodríguez dou as grazas a todos os presentes pola súa participación e por outorgarlle a súa confianza e agradeceu a Milagrosa Gómez Cabello, o seu traballo e impulso para a constitución e posta en marcha da Confederación.

Estará acompañado na Xunta Directiva da Confederación por Adolfo Arroyo Merchán, Presidente do Gremio de Madrid, que ocupará o cargo de Vicepresidente; Isidoro García Escribano, Presidente do Gremio de Córdoba, que exercerá de Tesoureiro; Isabel Suárez Llera, Presidenta do Gremio de Gijón, que fará as funcións de Secretaria e Andrés Manuel Vázquez González, Presidente do Gremio de Oviedo, como vocal.

← volver
  • Curso Online de Gemología básica
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com