dsdsadsadsadsada


Unha ducia de escolares de Galicia cumpriron o seu soño de ver realizada a xoia que deseñaron para regalar a súa nai

Preme aquí para ver todos os deseños finalistas.

Preme aquí para ver todos os deseños gañadores

Preme aquí para ver álbum de fotos do acto de entrega de premios.

Unha ducia de escolares de Galicia cumpriron o seu soño de ver realizada a xoia que deseñaron para regalar a súa nai

  • 80 deseños finalistas e 12 premiados convertidos en xoias na XV edición do certame “Deseña unha xoia para a túa nai”
  • Xoieiros profesionais convertiron en xoias reais os deseños gañadores: Félix Munín, Fink Orfebres, Isabel Suárez e a EASD Mestre Mateo (de Santiago), Ardentia, Lizarriturri e a Unión Joyera de Bergondo (de Bergondo), Rosende Joyeros (de Ferrol); Raúl Pesqueira Fariña (de Marín) e Óscar Joyeros, (de Viveiro).
  • A entrega de premios tivo lugar o pasado sábado 26 de abril ás 12h30 no Auditorio do CGAC, de Santiago de Compostela. Ao acto asistiron a Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, a Directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, a Directora Xeral de Formación Profesional, María Eugenia Pérez e a xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, ademais de membros da Xunta de Goberno da Federación Galega de Xoiaría e do Colexio Oficial de Xoiaría que arrouparon aos 80 finalistas e as súas familias

 

Santiago de Compostela, 1 de maio de 2025. O certame “Deseña unha xoia para a túa nai”, que organiza a Federación Galega de Xoiaría e o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga), en colaboración coa Xunta de Galicia e a Fundación Pública Artesanía de Galicia, volveu a poñer a proba a creatividade dos más pequenos cun certame no que retaba aos nenos de 0 a 12 anos a deseñar a xoia que lles gustaría regalar a súa nai.

Os escolares participantes na XV edición, diferenciados en categorías por idades, de 0 a 4 anos, de 5 a 7 anos, de 8 a 10 anos e de 11 a 12 anos, debuxaron a xoia que lles gustaría regalar a súa nai. Entre os miles de traballos presentados, o xurado seleccionou os 80 finalistas.

No acto de entrega de premios que tivo lugar o sábado ás 12h30 no Auditorio do CGAC de Santiago de Compostela, e que contou coa presenza da Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, a Directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, a Directora Xeral de Formación Profesional, María Eugenia Pérez e a xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, arroupando aos 80 finalistas e ás súas familias desveláronse os gañadores que viron convertidos en xoias reais os seus deseños.

Os xoieiros profesionais que o fixeron posible foron Félix Munín, Fink Orfebres, Isabel Suárez e a EASD Mestre Mateo, de Santiago de Compostela; Ardentia, Lizarriturri e Unión Joyera de Bergondo, de Bergondo; Rosende Joyeros, de Ferrol; Raúl Pesqueira Fariña, de Marín e Óscar Joyeros, de Viveiro.

Tomando como referencia os debuxos enviados polos nenos, cada un dos xoieiros encargouse da creación de unha ou varias das xoias gañadoras. Intentando mantenerse o máis fiel posible ao seu deseño, decidiron o tipo de metal máis apropiado e a interpretación que mellor garantiu a súa execución técnica.

Estas doce xoias únicas e exclusivas dos premiados na XV edición do certame “Deseña unha xoia para a túa nai”, súmanse ás 150 xoias fabricadas con anterioridade nas pasadas edicións. Un premio que durará para seempre e que conta coa garantía de profesionalidade dos xoieiros colexiados de Galicia.

No transcurso do acto tamen se recoñeceu e puxo en valor o traballo do CEIP Julio Gurriarán Canalejas de O Barco de Valdeorras pola súa implicación no desenrolo do certame e incentivación á participación entre o alumnado.

Óscar Rodríguez, presidente da Federación e o Colexio Oficial de Xoiaría, entregou a placa que recolleu Mírian Álvarez Rodríguez, profesora de plástica do Centro.

Relación de gañadores:

 

Nome

Apelidos

Idade

Colexio

Localidade

Alessio

Barli Rodríguez

3 anos

CPR Plurilingüe Eduardo Pondal

Cangas

Tyler

Muiño Pinargote

1 ano

EEI A Magdalena

Ames

Alba

Piñeiro González

3 anos

CPR Plurilingüe Eduardo Pondal

Cangas

Joel

Abuin Santiago

7 anos

CPR Plurilingüe La Salle

Ferrol

Mateo

Hernández Rodríguez

5 anos

CPR Plurilingüe Divina Pastora

Ourense

Bruno

Lema Montenegro

6 anos

CPR Plurilingüe Eduardo Pondal

Cangas

Iria

García Vila

10 anos

CPR Plurilingüe Nosa Señora do Pilar

Foz

Carlota

Lorenzo Rodríguez

10 anos

CPR Plurilingüie Santiago Apostol

Ponteareas

Xiana

Pérez Resende

9 anos

CEIP A Ponte

Ourense

Mara

Bernárdez Francisco

11 anos

CPR Plurilingüe Santiago Apostol

Ponteareas

Enma

Catoira Dean

11 anos

CPR Plurilingüe Vilas Alborada

Santiago de Compostela

Brais

Chao Ferreño

11 anos

CPR Plurilingüe Alca

Ames

← volver
  • Curso Online de Gemología básica
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com