dsdsadsadsadsada


O COXGA e a Federación Galega de Xoieiros reivindican no Día da Nai os agasallos que duran para sempre

A campaña pon en valor a xoia como símbolo de emoción, legado e tradición.

O COXGA e a Federación Galega de Xoieiros poñen en marcha unha nova campaña con motivo do Día da Nai co obxectivo de impulsar a compra de xoiaría e reforzar o seu valor como un agasallo emocional, duradeiro e cheo de significado.

Baixo unha mensaxe clara e evocadora, a campaña destaca o papel da xoia como un elemento que acompaña ás persoas ao longo da vida e que se transmite de xeración en xeración, converténdose nun símbolo de recordos, afectos e historias compartidas.

A campaña desenvolverase a través de diferentes accións e formatos, incluíndo contidos en redes sociais, vídeos con testemuños reais, enquisas na rúa, cuñas de radio e presenza en prensa, co fin de achegar a xoiaría ao día a día da cidadanía dun xeito próximo e accesible.

Con esta campaña, o COXGA e a Federación Galega de Xoieiros reivindican o valor da xoia como parte da vida e das emocións das persoas, especialmente nunha data tan significativa como o Día da Nai.

Neste contexto tamén se enmarca o certame “Deseña unha xoia para a túa nai”, unha iniciativa que converte emocións e ideas en pezas únicas. A  entrega de premios da decimosexta edición terá lugar o venres 1 de maio ás 12:30 horas no Auditorio do CGAC, en Santiago de Compostela.

 

← volver
  • Curso Online de Gemología básica
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com