05/05/2026
Para ver o álbum de fotos do acto de entrega de premios, preme aquí.
Para ver os deseños gañadores, preme aquí.
O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga) e a Federación Galega de Xoieiros celebraron o pasado venres no Auditorio do CGAC, en Santiago de Compostela, a entrega de premios da XVI edición do certame “Deseña unha xoia para a túa nai”, unha iniciativa que volveu converter a creatividade dos máis pequenos en auténticas xoias.
O certame, organizado coa colaboración coa Xunta de Galicia e a Fundación Pública Artesanía de Galicia, convidou a nenos e nenas de entre 0 e 12 anos a debuxar a xoia que lles gustaría regalar ás súas nais. Entre os milleiros de deseños recibidos, o xurado seleccionou 80 finalistas e 12 propostas gañadoras que foron transformadas en xoias reais por profesionais da xoiaría galega.
O acto contou coa asistencia do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; da xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro; da xerente do Instituto Galego do Consumo, Sol Vázquez; da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo; da concelleira de Santiago de Compostela María Baleato; e do concelleiro de Comercio, Ensino e Letras de Ponteareas, ademais de membros da Xunta de Goberno da Federación Galega de Xoieiros e do Coxga.
Os momentos máis emocionantes chegaron coa entrega das xoias aos nenos e nenas premiados, que puideron ver feitos realidade os seus debuxos. As pezas foron creadas por Félix Munín, Fink Orfebres, Isabel Suárez e a EASD Mestre Mateo, de Santiago de Compostela; Ardentia, Lizarriturri e Unión Xoieira de Bergondo; Rosende Xoieiros, de Ferrol; Raúl Pesqueira Fariña, de Marín; e Óscar Xoieiros, de Viveiro.
Os profesionais reinterpretaron os deseños infantís mantendo a esencia e creatividade orixinais, escollendo os materiais e técnicas máis axeitadas para facer posibles unhas xoias únicas e exclusivas. Con esta edición, o certame suma xa preto de 200 xoias creadas ao longo da súa historia.
Durante o acto tamén se recoñeceu o labor do CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova pola súa implicación e promoción da participación no certame entre o alumnado.
Relación de premiados da XVI edición do certame:
|
idade |
apelidos |
nome |
colexio/anpa |
localidade |
prov |
|
3 |
Garrido González |
Xabier |
EEI O Grupo |
Marín |
P |
|
4 |
Ramírez Mena |
Samuel |
CPR Colexio Nosa Señora do Pilar |
Foz |
L |
|
3 |
Román Rodríguez |
Álex |
CPR Hermanos Quiroga |
O Porriño |
P |
|
5 |
Cepeda Alcalde |
Ximena |
CPR Vilas Alborada |
Santiago de Compostela |
C |
|
6 |
Martínez Portas |
Ángel |
CPR Sagrada Familia |
Cangas do Morrazo |
P |
|
5 |
Tarrío Martínez |
Salvador |
CPR Vilas Alborada |
Santiago de Compostela |
C |
|
10 |
Carrera Lobato |
Carla |
CPR Santiago Apostol |
Ponteareas |
P |
|
9 |
Pacios Pereira |
Sofía |
CPR La Inmaculada |
Marín |
P |
|
10 |
Vizoso Fernández |
Lidia |
CEIP Santa Rita |
Viveiro |
L |
|
12 |
Gómez Malvar |
Nicolás |
CPR Alca |
Ames |
C |
|
12 |
González Cierto |
Elena |
CPR Alca |
Ames |
C |
|
12 |
Lado Solla |
Catarina |
|
Santiago de Compostela |
C |