13/05/2026
Preme aquí para ler a orde completa publicada no DOG.
Prazo de solicitudes: 14/05/2026 a 15/06/2026. Presentación obrigatoria por medios electrónicos aquí.
A continuación un pequeno resumo:
Recoñecer a labor dos/das profesionais do sector comercial e contribuír á súa difusión como panca para o desenvolvemento económico e social das nosas vilas e cidades.
Os premios do Comercio galego constan das seguintes categorías:
a) Premio Comercio galego 2026: 5.000 euros.
b) Premio Comercio Traxectoria 2026: 3.000 euros.
c) Premio Comercio Emprende 2026: 3.000 euros.
d) Premio Comercio Dinamización 2026: 5.000 euros.
e) Premio Comercio Sostible 2026: 3.000 euros.
a) Premio Comercio galego 2026.
Recoñecemento ao establecemento comercial que exemplifique os valores do sector comercial de proximidade mediante a implantación dun modelo de negocio moderno, competitivo e adaptado aos novos retos.
b) Premio Comercio Traxectoria 2026.
Recoñecemento ao establecemento comercial cunha longa e consolidada traxectoria comercial que, pola súa permanencia e continuidade, crease un vínculo especial de arraigamento coa súa vila.
c) Premio Comercio Emprende 2026.
Recoñecemento o establecemento comercial novo que lle ofreza á clientela unha experiencia de compra diferenciada.
d) Premio Comercio Dinamización 2026.
Recoñecemento á implantación do mellor proxecto ou iniciativa de dinamización comercial nos últimos tres anos (2024-2026) co obxectivo de incrementar as vendas e potenciais clientes/as.
e) Premio Comercio Sostible 2026.
Recoñecemento ao mellor proxecto ou iniciativa de promoción do consumo sustentable e responsable.
a) Premio Comercio galego 2026.
As persoas comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.
b) Premio Comercio Traxectoria 2026.
As persoas comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. O comercio onde desenvolvan a actividade comercial debe ter unha antigüidade mínima de trinta anos, con independencia de que houbese ou non relevo xeracional.
c) Premio Comercio Emprende 2026.
As persoas comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. O comercio onde desenvolvan a actividade comercial debe ter unha antigüidade de entre dous e catro anos.
d) Premio Comercio Dinamización 2026.
As asociacións e federacións de comerciantes retallistas e as asociacións de persoas vendedoras das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Premio Comercio Sostible 2026.
As persoas comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade, e as asociacións e federacións de comerciantes retallistas e asociacións de persoas vendedoras das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
Os premios regulados ao abeiro desta orde son compatibles con outras subvencións e axudas, para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou de entidades públicas ou privadas, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
Cada persoa ou entidade interesada poderá optar a unha ou varias categorías dos premios do Comercio galego.
Canda candidato/a non poderá recibir máis dun premio.