Convocada a III edición do Certame Deseña unha xoia para a túa nai (xaneiro 2012).

Por terceiro ano consecutivo, e co aval do éxito da edición do 2011, na que xa se recibiron máis de 5.000 debuxos, convocamos desde o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia a III edición do Certame de deseño para nenos e nenas de ata 12 anos “Deseña unha Xoia para a túa nai”. Con esta actividade pretendemos estimular a creación artística, en relación cunha profesión estreitamente vinculada ao mundo do arte, pois unha xoia, ademais de constituir un complemento capaz de reflectir un determinado contexto histórico, social, cultural ou xeográfico, é o resultado final dunha forma de expresión plástica. Con este certame tamén queremos fomentar a creatividade e imaxinación dos máis pequenos. Entre todos os debuxos recibidos no Colexio Oficial de Xoiaría, seleccionaranse 80 finalistas e premiaranse a 12 destes (3 por cada categoría) cun premio especial que consiste na realización do seu deseño nunha xoia feita por fabricantes galegos do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. As bases completas e o díptico para debuxar están como documentos anexos a esta noticia, á vosa disposición. Descargar bases en castelán Descargar bases en galego Descargar díptico
← volver
O segredo para triunfar este outono, nas túas mans.

Calendario de eventos:

« Novembro 2022 »
L M Me X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com