27/10/2017
Esta fin de semana, na madrugada do domingo 29 de outubro, cambiamos a hora e entramos no horario de inverno. Isto significa que atrasamos os reloxos unha hora. Ás 3h da mañán serán as 2h.
Nos casos nos en que o cambio de hora requira dun profesional, recomendámosvos acudir a reloxeiros colexiados para ter un servizo de calidade coa garantía dun profesional.
O cambio horario ten lugar dúas veces ao ano, en primaveira (último domingo de marzo) e en outono (último domingo de outubro), nuns 70 países por todo o mundo.
O obxectivo deste atraso de hora, que se aplica dende mediados dos anos 70, é reducir o consumo de enerxía.