12/02/2019
O establecemento ferrolá Joyería Jenaro, ubicado na rúa Galiano 61, entregou outro dos premios da Campaña “Este Nadal, Xoiaría”. Trátase dunha das seis xoias que se sortearon entre os boletos repartidos polos establecementos colaboradores de toda Galicia e entre os participantes online e que recaeu no número 23.676.
A agraciada, Mónica Rúa Sanmartín, recollerá o seu premio de mans de Fátima Fernández, xerente de Joyería Jenaro.
Recordamos que a campaña de Nadal “Este Nadal, Xoiaría”, posta en marcha pola Federación Galega de Xoieiros, en colaboración co Coxga, co obxectivo de incrementar o protagonismo do regalo de xoiaría durante o pasado Nadal, incluía como broche final o sorteo de seis xoias.
Coa colaboración da: